Mañá, último día para apuntarse á XVII Subida ao Castro Barbudo

8 Xuñ

Os amigos da Peña Ciclista Castro Barbudo organizan nin máis nin menos que a 17ª edición da súa tradicional Subida ata o monte que dá nome á súa asociación. Este ano, ademais, organizan unha andaina e a actividade será pola mañá, en concreto o domingo 12 de xuño.

A marcha en bici ten un custo de 12€ e a andaina de 7€. E o mellor de todo é que sempre organizan unha festa final que mete medo, unha churrascada con todas as da lei.

> Inscricións para a BTT.

> Inscricións para a andaina.

Terán distintos premios entre todos os asistentes, así como ás peñas máis afastadas, máis numerosas ou ao participante de maior idade.

Nós agardamos estar ese día por alí, polo que a próxima semana agardamos colgar fotos 😉

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: