O pasado venres, 3 de xuño, presentouse na Biblioteca Municipal de Rianxo a exposición “As Revistas Musicais dos anos 20”, vinte reproducións das portadas das revistas depositadas no Fondo Local de Música do concello de Rianxo.
O acto, organizado pola Uned-Senior e a Biblioteca Municipal coa colaboración da A. C. Biblioteca do Folclore Galego, foi presentado polo coordinador da Aula de Cultura Musical da Uned-Senior, José Luís Pico Orjais e polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez.
A continuación, integrantes da Uned interpretaron dúas pezas do repertorio rianxeiro.
Durante o acto, José Luís Pico Orjais presentou a Uxío Breogán Diéguez Cequiel, director da revista Murguía, da que é presidente e que no seu nº32 trata sobre o centenario das Irmandades da fala.
Para rematar, o grupo Barahunda interpretou “Sós” de Manuel Antonio e “Lela” de Castelao.
Comentar que tivemos ocasión de fotografar o arquivo do Fondo Musical Rianxeiro, depositado nos locais da biblioteca municipal.
Tamén, durante o acto, serviuse limonada e doces en imitación das soirèes ou faladoiros que se celebraban nas casas burguesas.
Deixar unha resposta