Xa non queda nada para unha das grandes probas deportivas que se celebran no noso municipio. Neste caso trátase da III Marcha BTT Concello de Rianxo, que terá o domingo 22 de febreiro. Se queres participar, podes apuntarte xa porque as prazas son limitadas por 7€ antes do 18 de febreiro.
III Marcha BTT Concello de Rianxo
3 Feb- Comentarios Deixar un comentario
- Categorías deporte
- Autor Óscar
Fotos e vídeos da XV Subida o Castro Barbudo
25 Mai
O pasado 17 de maio, celebrouse a XV Subida ao Castro Barbudo. Nin máis nin menos que 15 anos dunha proba na que os participantes coñecen os montes rianxeiros e, nesta edición, tamén os de Lousame.
Etiquetas: BTT, BTT Rianxo, BTT Taragoña, fotos BTT Rianxo, Rianxo, Taragoña, XV Subida o Castro Barbudo
- Comentarios Deixar un comentario
- Categorías deporte, Taragoña
- Autor Óscar
XV Subida o Castro Barbudo: 17 de maio
26 AbrComo cada mes de maio, os amigos da Pena Cicloturista Castro Barbudo de Taragoña organizan unha proba polos montes de Rianxo, a Subida ao Castro Barbudo. Este ano realizarase o sábado 17 de maio.
Hai un límite de 200 participantes e o prazo de inscrición remata o 15 de maio. Este ano rebaixaron a cota de inscrición, que será de 10 euros para federados e de 12 euros para non federados (polo seguro obrigatorio de un día por imposición da Federación Galega de Ciclismo).
Os que se queiran inscribir teño que facelo a través deste web.
Máis información e perfil da ruta en castrobarbudo.com
Etiquetas: BTT Rianxo, XV Subida ao Castro Barbudo
- Comentarios Deixar un comentario
- Categorías deporte, Taragoña
- Autor Óscar
Fotos e crónica da XIV Subida ao Castro Barbudo
5 MaiO 4 de maio tivo lugar a XIV Subida ao Castro Barbudo. Neste blog colgamos unhas poucas imaxes, pero tedes en breve teredes un feixe delas na nosa páxina do facebook. Velaquí o Álbum I e o Álbum II.
De novo queremos darlle as grazas aos da peña ciclista por levarnos durante o percorrido e aguantarnos toda a tarde 🙂 Puidemos ver dende o seu lado como se organiza unha proba deste tipo e, de novo, é sorprendente o ben que fan as cousas e todo o traballo que require. Había 115 inscritos e, desta volta, o tempo si acompañou, nunha xornada con arredor de 22 graos.
A saída atraouse un chisco, un cuarto de hora, así que ás 16.15 horas saíron os corredores dende Campo de Pazos.
O primeiro quilómetro e medio foi pola estrada, pero dende aí xa se tirou a preto do río Té, ata Carballal:
Segiuse polo Batán, de aí ata o Carballo, e cruzouse de novo pola estrada á altura de Contrés:
O grupo seguía moi unido, aínda que a proba a penas acababa de comezar. Xa quedaba pouco para o monte e para tirar para arriba:
Con tanta costa arriba e tanta calor, comezaron a producirse pequenas diferenzas entre os participantes, pero as forzas aínda se estaban a gardar para o tramo final.
Mesmo había algún que ata presumía arriba das subidas duras:
Pero en xeral a xente ía tranquila, e desfrutando das baixadas e das zonas onde a pista tiña menos pedra e se podía rodar máis rápido:
O que si, todo o mundo agradeceu a parada para o avituallamento, que estaba situada en Lousame, ao final de Escabia. A xente aproveitou para comer froita, refrescos e doces. Aínda faltaba camiño por diante e o tramo libre. Non obstante, o pelotón agrupouse no avituallamento e ata que as motos arrincaron, de alí non se movía nin unha herba:
Xa coas pilas cargadas, a xente estaba pletórica e quería darlle guerra á montura:
A xente saíu aos poucos, formando unha longa serpe rodante:
A hora prevista para a saída do tramo libre eran as 19.00 horas, pero a cousa atrasouse tamén un pouco. Aí é onde se ía ver o que tiña cada un nas pernas e, quen demostrou estar forte coma un buxo, foi un de Sanxenxo. Xa antes de chegar á estrada de Ourille lle sacaba máis de 50 metros ao segundo, e de aí non o baixou ninguén:
Primeiro foi Ringo Deza Sáez e segundo Carlos Muñiz Nieto, ambos os dous do Clube Ciclista Corbelo de Portonovo. O terceiro posto foi para Víctor Manuel Domínguez González, do Caeiro-Cambre.
Para rematar, houbo festuca con comida e bebida a rachar para repoñer calorías 🙂
Etiquetas: BTT Rianxo, fotos, imaxes, Taragoña, XIV Subida ao Castro Barbudo
- Comentarios Deixar un comentario
- Categorías O Araño, Taragoña
- Autor Óscar
Visitas
- 1.098.897 persoas deixáronse caer por aquí