O pasado 17 de maio, celebrouse a XV Subida ao Castro Barbudo. Nin máis nin menos que 15 anos dunha proba na que os participantes coñecen os montes rianxeiros e, nesta edición, tamén os de Lousame.
A saída realizouse dende Campo de Pazos, onde tamén se celebraba unha festa en conmemoración do Día das Letras Galegas. A pesar diso e do bo tempo, houbo un grupo de corredores (menor que noutras edicións) que non quixeron perder a proba.
Despois dun tramo inicial en Taragoña, tocaba subir e subir e subir. Pero tamén houbo baixadas interesantes, como a desta zona de Lousame, onde máis dun preferíu botar o pé ao chan:
E aquí tedes unha secuencia de fotos do máis interesante desta baixada:
A proba, completouse de novo co tramo libre, no que se subía ao Castro Barbudo. Unha zona cunha subida moi esixente, e cun tramo final de pedras nada sinxelo:
Velaquí ao gañador, dándoo todo a pesar dos quilómetros que levaba enriba e da calor máis propia dun día de verán:
Pero despois de tanto esforzo, chegaba o momento de desfrutar. Así que a xente do Castro Barbudo fixo a súa famosa churrascada para os corredores e familiares, na que non faltou tampouco a bebida, a empanada e a tortilla:
Ademais, entregáronse os trofeos aos máis rápidos das diferentes categorías:
Estas só son algunha das fotos que sacamos, pero hai moitas máis. Queres velas? Accede á nosa conta en flickr:
Deixar unha resposta