Onte tiveron lugar as eleccións ao Parlamento Europeo. Xa co 100% dos votos escrutados, podemos ver como foi a tendencia en Rianxo. A nivel estatal, os partidos maioritarios (PP e PSOE) tiveron unha porcentaxe de votos inferior ao 50%. No caso do noso Concello non pasou o mesmo, xa que entre estes dous partidos sumaron algo máis do 54% dos sufraxios.
En concreto, a opción máis votada para os rianxeiros foi o PP, cun 30,08% e un total de 1.254 papeletas. A segunda opción para os rianxeiros foi o PSOE, con 250 votos menos e un 24,11% dos votos emitidos. A terceira forza foi o BNG, partido que está na alcaldía, con 538 sufraxios e un 12,9%. Moi preto quedou a outra opción nacionalista, AGE (que acudía da man de Esquerda Unida), con 476 papeletas e o 11,42%. O partido que causou sorpresa, Podemos, en Rianxo tamén se converte na quinta forza máis votada, con 329 votos e un 7,89% dos votos.
A bastante distancia sitúase UPyD, con 98 sufraxios (2,35%).
Como curiosidade, sinalar que o partido Piratas tivo 16 votos, Falange Española de las JONS tivo 2 votos (coma nas anteriores eleccións) e incluso tiveron unha papeleta Extremadura Unida e o Partido Andalucista.
Se comparamos estes resultados cos anteriores, o ano 2009, vemos que se manteñen as posicións nos tres partidos máis votados: PP, PSOE e despois BNG. Iso si, todos perden apoio pola fragmentación de partidos políticos.
Así, o PP perde algo máis de 11 puntos porcentais e 683 votos. O PSOE incluso perde máis: 13 puntos porcentuais e 726 votos menos. E o BNG uns 4 puntos e 253 papeletas.
Hola, bos dias, creo tedes un problema cos datos das eleucions, os datos das parroquias, non dan cos do conxunto de todo concello.
Ola Moncho.
Os datos están sacados do Ministerio do Interior, así que son datos oficiais.
O que si, non están os datos completos, senón os dos primeiros 14 partidos.
Aínda quedarían 25 partidos máis que recibiron votos, algúns como os que comentaba a modo de anécdota: a Falanxe, Extramadura Unida ou o Partido Andalucista.
Pero como recibiron pouquiños votos, non puxen a captura de todos eles.
O detalle con todos podes velo aquí:
http://resultados2014.interior.es/99PE/DPE1115907299.htm?d=796
Un saúdo!
A ver si nos entendemos. puxestes dous “recuadros” un cos datos xerais de todo o concello, e estan correctos. E o outro “recuadro” do voto por parroquias, non corresponde co xeral de todo o concello, duplica os resultados de todolos partidos, (debe ser das anteriores elecions municipales).
Se te refires a este cadro, a noticia é do ano 2011 e son as eleccións municipais:
https://fotosderianxo.com/2011/05/28/resultados-das-eleccions-municipais-en-rianxo-por-parroquias/
Moncho, eu non vexo ningún cadro por parroquias. Está o cadro xeral de todo o concello do 2014 e o cadro ca comparativa nas eleccións do 2009:
O das parroquias sóame noutro post antigo pero nas eleccións municipais. Pero neste non o vexo ¿?