III Romería Popular

27 Mai

IMG_0119 copia

Este pasado sábado 24 celebrouse a III Romería Popular no CEIP Ana María Diéguez de Asados. Xa dende as 10 da mañá as actividades para cativos e non tan cativos sucedéronse nas pistas deportivas do colexio.

Para a hora do xantar, e no recinto que está embaixo do colexio, habilitouse unha carpa na que un pulpeiro fixo ademais do polbo un rico churrasco e criollos.

Tamén se podían degustar saborosas empanadas e doces elaborados por un hostaleiro de alí mesmo de Asados.

Mais a carpa logo se quedou escasa para tanta xente como había na romería, e tiveron que sacar mesas e cadeiras do propio colexio para poder dar cabida os comensais.

Despois do xantar, e despois de repousar un chisco chegou a hora de coller a cámara e aquí vos mostramos o que foi dando de si a tarde.

Demostracións de baile moderno:

IMG_0066 copia IMG_0071 copia IMG_0079 copia

A banda da Escola de Música de Rianxo:

IMG_0139 copia IMG_0143 copia

Así mesmo tamén se podían adquirir diversos obxetos nos postos arredor das pista cuberta, tales coma mel, coiro, ourive, filloas, cestería, pintar a cara…

IMG_0080 copia IMG_0085 copia IMG_0092 copia IMG_0095 copia IMG_0169 copia IMG_0171 copia IMG_0178 copia IMG_0180 copia IMG_0187 copia IMG_0197 copia IMG_0253 copia

Ó longo de todo o dia, e na parte superior das gradas tamén estaban instalados diversos xogos populares para que os pais poideran amosar ós cativos outras maneiras de pasalo tempo con divertidos xogos que realmente chamaban a atención ós asistentes.

IMG_0098 copia IMG_0106 copia IMG_0110 copia IMG_0111 copia IMG_0121 copia IMG_0125 copia IMG_0129 copia

Tamén, e nos pasillos interiores do colexio se poideron observar diferentes exposicións as cales ainda se poderán visitar  ata o 2 de xuño en horario de tarde de luns a venres de 16:00 a 18:00 horas e os sábados e domingos de mañá de 12:00 a 14:00 horas.

IMG_0230 copia IMG_0234 copia IMG_0235 copia IMG_0236 copia IMG_0237 copia IMG_0239 copia IMG_0240 copia

Xa para rematar a xornada de lecer, tivo lugar unha foliada a cargo de gaiteiros e animación.

IMG_0207 copia IMG_0210 copia IMG_0211 copia IMG_0215 copia IMG_0224 copia IMG_0241 copia

Queremos tamén deixar unha imaxe que atestigua claramente o boas que estaban as filloas, e das que a amiga Ramona Golías deu boa conta, que nos saibamos polo menos dunha… 😉

IMG_0192 copia

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: