Canto debe Rianxo?

28 Mai

DebedaRianxo

Grazas a un amigo meu, a Tato, descubrín unha aplicación moi interesante do xornal Cinco Días que permite coñecer a débeda de cada un dos concellos españois. Incluso é posible descargar un documento en pdf con todos os datos.

Así que quixemos buscar información sobre o caso concreto do municipio de Rianxo. Cal é a débeda concreta do noso Concello? Pois neste caso, como podedes ver na captura de arriba de todo, a cantidade ascende 3.272.000 millóns de euros a peche do ano 2013. O que implica que cada rianxeiro debe 282,1 euros. Ao que habería que sumar “o que debemos” cada un de nós a nivel autonómico ou estatal. Ademais, comparándonos cos 8.116 concellos que hai en toda España, o noso estaría no posto 3.088 a nivel de débeda. É dicir, que estamos do medio para abaixo.

Son 3,27 millóns de euros moitos? Na última parte deste post imos facer unha comparativa cos concellos próximos, pero antes é importante ver a evolución da débeda en Rianxo. Vós que credes, que aumentou ou que baixou? Pois segundo os datos que podemos ver no Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Rianxo debe menos cartos que a finais do 2012. En concreto, a débeda vida a 31/12/2012 era de 4.322.000, polo que no último ano baixou en -1.050.000 €. Non é mal dato, a verdade.

  • Débeda a peche do 2013: 3.272.000 millóns de euros
  • Débeda a peche de 2012: 4.323.000 millóns de euros
  • Débeda a peche de 2011: 4.154.000 millóns de euros
  • Débeca a peche de 2010: 4.759.000 millóns de euros
  • Debeda a peche de 2009: 5.778.000 millóns de euros
  • Débeda a peche de 2008: 3.462.000 millóns de euros

Son datos de distintos gobernos e alcaldes, pero está ben poder ver a evolución e observar como no ano 2009 se disparou a débeda ata case os 5,8 millóns de euros. Está claro que agora dende calquera administración se mira máis o tema dos cartiños e se intenta investir con outra serie de criterios, que non o de facer por facer.

Imos agora ver como está Rianxo en comparación cos concellos máis próximos. En primeiro lugar imos ver Boiro, onde a débeda do Concello é de 6.674.000 millóns de euros. Loxicamente é unha localidade con máis habitantes que a nosa, pero a súa débeda per cápita é de 348,6 euros, é dicir, 66 euros máis do que debemos os rianxeiros por cabeza:

DebedaBoiro

Esta cantidade aumenta incluso no caso da Pobra do Caramiñal, cunha débeda de 4.928.000 millóns de euros, é dicir, 510,9 euros por habitante:

DebedaAPobra

No caso de Ribeira, a cousa sería moi semellante á do noso Concello, cunha débeda por habitante de 304,3 euros, e un total de 8,463.000 millóns de euros: DebedaRibeira

Sorprendentemente, un dos concellos máis endebedados de España (posto 279 no ranking) está moi pegado a Rianxo: trátase de Catoira. Ten case 4 veces menos habitantes que o noso municipio, pero unha débeda superior que acadaba a finais do 2013 os 5.261.000 millóns de euros. É dicir, que cada catoirense na teoría debe 1.537,8 euros. Aí é nada:  
DebedaCatoira

Pero tamén hai localidades próximas que teñen os deberes moi ben feitos, como como é o caso de Dodro. Neste caso a débeda viva é de 2.934.000 millóns de euros, o que significa 184,2 euros por habitante (case 100 euros menos de media ca Rianxo): DebedaDodro

Rematamos co gráfico da localidade que menor endebedamento ten entre os municipios cos que hai maior relación e proximidade: Padrón. Neste caso xa vedes que os cartos que se deben son preto de 1,2 millóns de euros, que para uns 8.700 habitantes está moi ben. De media, saen a 136,1 euros por cabeza:

padrondebeda

Aínda que realmente, dos que están preto preto, o que ten menos débeda é Rois. Este municipio que limita ao norte con Rianxo, debe 77,2€ por habitante, o que supón unha débeda de 372.000 euros en total.

Así que podemos concluír que estamos ben en relación cos outros concellos da comarca do Barbanza, moi ben se nos comparamos con Catoira e peor que no caso das localidades da comarca do Sar.

Unha resposta a “Canto debe Rianxo?”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Canto debe o concello de Rianxo? Dato a finais de 2017 | Fotos de Rianxo - 08/24/2018

    […] bruta e a débeta por habitante de cada concello. A última vez que a analizamos neste blog foi en 2014, cun dato relativo ao ano anterior. Daquela debíanse 3,27 millóns de euros. Baixou, subiu ou […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: