O pasado sábado 23 de maio celebrouse a décimosexta edición da Subida Ao Castro Barbudo organizada pola Peña Cicloturística Castro Barbudo de Taragoña.
Para esta ocasión, uns 80amantes da bicicleta de montaña (dicimos que amantes porque hai que ter moita paixón para subir por onde suben), déronse cita en Campo de Pasos ás catro da tarde cun calor xeitoso, aínda que se estaba moi ben grazas a unha leve brisa que animaba a pedalear aos ansiosos participantes.
Entre pedalada e pedalada e moito sufrimento foron chegando á primeira localización na que os estábamos agardando, e como somos moi cabritos esta era en plena subida ó monte Castelo.
Aínda que non todo ía ser sufrimento e paixón, pois en Fruime tíñannos preparado dende a organización un magnífico avituallamento con bebidas frías e varios tipos de froita e alimentos enerxéticos.
Despois do refrixerio, fomos ó seguinte punto de afotamento e, desta vez, á sombra, fómolos retratando ó seu paso pola aldea de Burzó.
Logo dun novo reagrupamento, comezou o sufrimento de verdade co tramo libre que, coma sempre, culminou coa subida ó cumio do Castro Barbudo, onde como non, estábamos nós para inmortalizar o sufrimento da subida…
Para finalizar, e como agasallo ben merecido, tódolos participantes asistiron a unha boa merendola con churrasco, empanada, conservas…, e como non, a entrega final de premios e agasallos das casas colaboradoras.
Deixámosvos tamén os tempos cos listados cos que subiron o tramo libre e tamén o listado dos premiados nesta proba.
Deixar unha resposta