Dende a ANPA da escola de Asados denuncian o abandono por parte da Xunta

26 Mai

Imaxe da ANPA Fonte da Revolta

Hoxe vin en La Voz de Galicia que dende a Asociación de Nais e Pais Fonte da Revolta do CEIP Ana María Diéguez de Asados enviaron 1.847 sinatura á Consellería de Educación 1.847 para que se habilite unha nova unidade de infantil “dada a masificación que hai nas dúas aulas existentes”. Por outra banda, solicitan a “dotación dun mestre especialista en Audición e Linguaxe (AL) con dedicación completa, por non seren atendidos todos os nenos e nenas que o precisan”.

Como explican dende o blog da ANPA, o pasado 12 de maio, realizaron unha convotaria entre os pais para falar coa pais “das xestións realizadas ante a Inspección Educativa”, xa que as necesidades do centro “non foron atendidas satisfactoriamente” por parte da Xunta.

Continúan indicando que “a Inspección Educativa xustificou a súa negativa apelando só a unha razón económica e mesmo se escusou na existencia no centro de profesorado que, a pesar de non estar formado para as situacións requiridas, podería atendelas”. De todos os xeitos, Inspección Educativa ofreceuse a acudir ao centro escolar a finais de abril para coñecer de preto a problemática. Pero, a pesar de que quedaron de ir a finais de abril, a mediados de maio aínda non foran ata a escola.

Como recolle hoxe La Voz de Galicia nun artigo de Álvaro Sevilla, “déronlles longas para mantelos calados e que por iso aínda non se puxo ningún papel oficial encima da mesa”. Por ese motivo non darán por pechadas as súas demandas ata que estas non sexan atendidos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: