O día despois das eleccións, xa cos datos na man, queremos analizar un pouco como se comportou o voto. Así que antes de nada, imos ver como se repartiu no ano 2011:
Como vedes, o PP gañaba no Araño, Isorna, Leiro e Taragoña. O BNG facía o propio en Asados e Rianxo. Nesta ocasión, houbo cambios significativos:
O prieiro que vemo é que o BNG, ademais de Rianxo e Asados, sumou O Araño (seguramente polo efecto de Tito o Dulceiro). O PP, que era o máis votado en catro parroquias, mantivo unicamente Taragoña (de onde é Vanessa Martínez) como seu principal feudo. Mentres que o PSOE, que nas anteriores non foi a opción máis votada en ningunha parroquia, si o voi nesta ocasión en Isorna (de onde é Mari Carmen Figueira) e en Leiro.
En canto aos resultados, houbo dúas forzas que perderon votos, que foron PP e PSOE, deixándose un concelleiro cada unha polo camiño.
O voto estivo máis fragmentado, polo que entra no escenario Rianxo en Común, con dous concelleiros e 695 apoios.
Sinalar que o PSOE quedou tan só a 25 votos do PP, co cal a diferenza entre os dous foi mínima, pero PSOE ten un concelleiro menos.
O BNG nestas eleccións sumou 18 votos con respecto ás anteriores, co cal son un resultados positivos, ao ser a única forza que mantén.
Pola súa banda, o PP perde 752 papeletas con respecto aos anteriores comicios. E o PSOE déixase 368 apoios. Entendemos que aquí puido pesar a fragmentación do voto e que a candidata levaba pouco tempo á fronte do partido.
Con respecto a Rianxo en Común, había certa expectación, porque semellaba que podía fragmentar o voto de esquerda e dar máis porcentaxe de votos ao PP. Finalmente semella que non foi así e, esta formación recén creada, faise con dous concelleiros e 695 apoios, polo que as “mareas” non só teñen representación nas grandes cidades, senón tamén en vilas como en Rianxo.
Dito isto, queda saber quen vai estar á fronta da alcaldía. Semella, en conclusión, que vai gobernar de novo Adolfo Muíños, pero haberá que ver se con apoios puntuais ou ben repetindo no goberno co PSOE ao carón. Co PSOE e con Rianxo en Común semella que pode haber boa sintonía, pero o tempo o dirá.
Por certo, que nos faltaba falar de canta xente votou. En total houbo 6.448 persoas que depositaron a súa papeleta, un 66,64% dos electores. Houbo pola contra 3.228 persoas que se abstiveron (33,36%). Ademais, 154 votos foron declarados nulos (2,39%) e 86 papeletas (1,37%) foron en branco.
A participación foi tres puntos inferior ao 2011. Daquel votou o 69,44% dos que podían exercer este dereito (6.873 electores). Hai que ter en conta que a poboación baixou e, por esa razón, tamén os electores. Hai catro anos os votos nulos foron menos que nesta ocasión (118, o que equivalía ao 1,72% dos votos), pero o voto en branco foi moi superior (140 papeletas, é dicir, o 2,07% dos votos).
Creo que cando poñen os resultados das eleccións deberían poñer o nº total dos que estaban chamados as urnas e o nº dos que o fixeron dato que se omite neste análise o igual cos votos nulos e votos en branco.
Pate, toda a razón. Agora o inclúo.
Gracias
Creo que unha analise cabal das eleccions non pode obviar que irrumpe con unha certa forza Rianxo en Comun, que e a maior novidade política en Rianxo nos últimos 20 anos
Onte facíamos unha evolución precisamente neste blog e había 12 anos (nas municipais do 2003), que non se presentaban en Rianxo 4 formacións á alcaldía. Daquela, concurría o Centro Democrático Independiente, que creo que tivera un representante daquela. É certo que a cousa estaba nos últimos anos restrinxida a tres partidos e entra un novo actor que representan outros puntos de vista e resta votos ás formacións tradicionais, co cal cambia totalmente o panorama do que se esperaba en Rianxo.
Estou deacordo cosa análise, pero destacaría tamén o aumento de votos nulos, como votos protesta, e a diminución de votos en branco que sí se sabe que son computabres e que perxudican aos partidos minoritarios. Está claro que algo está cambiando por fin na sociedade, e que por riba de cores políticas están as persoas. Por primera vez sinto orgullo desde pobo, que anteriormente so sabía ser do PSOE, fixera o que fixera.
Por cerro agradecervos o no traballo que estados a facer. So espero que a política non vos intoxique. Parabéns, e seguide así.
Creo que a irrupción de Rianxo en Común é unha das sorpresas, que por outra banda, nas enquisas deste mesmo medio daban un maior número de concelleiros. Outro dato significativo foi como por 25 votos de diferencia o Psoe ten un concelleiro menos que o PP.
Creo que este medio de comunicación non é sospeitoso de intoxicarse con temas políticos, aínda que pola contra, é moito de agradecer o seguimento realizado á campaña e á xornada electoral.
A idea deste blog é informar, poder falar con todo o mundo e facer algo para todos os rianxeiros. Ser unha plataforma de difusión política ou próxima a algúns partidos, como ben dis, intoxicaría esta idea e a xente ou os lectores non nos verían de igual xeito.
Creo que nas entrevistas que fixemos se pode ver que houbo preguntas complicadas para os tres candidatos que quixeron falar con nós, o cal é moi de agradecer.
Pero xa digo que este blog está pensado para a xente. Intentamos falar moi pouco de política, pero nesta época era inevitable 🙂
E así o transmitides. Por ISO, OS meus parabéns para vos. Xenial a información puntual e detallada da xornada electoral.