Tag Archives: 2015

Festas de Leiro 2015

7 Out

festasdeleiro

Esta fin de semana, o 8, 9 e 10 de outubro, son das festas da parroquia de Leiro. E coo cada ano, o cartel é de luxo, xa que traen grandísimas orquestras. Así, entre as actuacións destacan Filadelfia, Pontevedra, Metrópolis, Fania Blanco Show, Claxxon e Aché.

Non deixedes de ir, que agora que rematou o verán todo semella máis triste, pero para iso están as festas de Leiro, para animarnos 😉

Vídeos do feirón mariñeiro 2015

24 Set

Un dos momentos máis emotivos da Guadalupe é cando todos os veciños se xuntan para tocar e cantar no feirón mariñeiro. Nesta ocasión o punto de encontro foi a praza da Manuela, onde as pezas non pararon de soar durante máis de media hora.

Velaquí a canción da Rianxeira e de Rianxo Pájaro Pinto:

E aquí tedes outra peza rianxeira que se vivíu moito, A Camposa, dos Rosales:

A Feira do Libro 2015, xa en Rianxo

23 Xul

Dende esta mañá, e ata o domingo, poderemos desfrutar en Rianxo dunha nova Feira do Libro. As casetas estarán abertas de 12.00 a 14.00 horas (ata as 14:30 horas na fin de semana e festivo), e de 18.30 a 22.30 horas.

Seguir lendo

Festival Internacional de Baile Tradicional

20 Xul

Actualización: por mor do falecemento do concelleiro Ricardo Besada, esta actividade queda suspendida.

Un ano máis terá lugar no noso concello o Festival Internacional de Danza. Será o mércores 22 de xullo na Praza Castelao ás 22.00 horas. Nesta ocasión participarán o Grupo Etnográfico de Boa Nova de Funchal (Illa de Madeira, Portugal) e un grupo holandés folclórico de imposible dición para un galego coma min (Achterhookse Folkloredansers de Ruurlo). Ademais, visto o cartel, os holandeses están en pleno forma, porque máis que bailar semella que fan acrobacias.

Festival Antrospinos 2015

20 Xul

Este ano celébrase a oitava edición do Festival Antrospinos. E como eles mesmos indican, nesta ocasión “volvemos ás raíces”, polo que “o Antrospinos orixinal renace en formato romaría e con concertos en familia”. Por esa razón animan a todo o mundo a “brindar polos vellos tempos”.

A festa comezará o venres, no Curral do Marqués de Taragoña. E seguirá o sábado 25 de xullo en Campo Maneiro. Ademais da tradicional matraquillada despois de comer, contarán pola noite con varios grupos e DJ.

Festa da Xouba de Rianxo 2015

16 Xul

 

Este ano a Festa da Xouba de Rianxo adiántase, para ofrecer novas propostas. Cumpre desta vez a súa 23 edición e durante o venres 17 e o sábado 18 de xullo poderemos desfrutar dunha ruta gastronómica da xouba por distintos locais do Concello, votando pola mellor preparación. Ademais, o sábado tocarán os Perucos.

Ademais, o venres, David Alcalde, do Toffe, ofrecerá un taller de cociña ás 17.00 horas no restaurante Pachín de Taragoña sobre as posibilidades da xouba.

O día grande seguirá a ser o 25 de xullo, que este ano cae en sábado. Haberá actuacións musicais, concurso de pratos coa xouba como elemento principal, regata de traiñeiras, inchables…

Festas de Taragoña 2015

13 Xul

Esta fin de semana volve a troula ao noso Concello. En concreto a Taragoña, que celebra as súas festas grandes cunhas orquestrazas. Así que idea puntando na vosa axente que dende o xoves ao domingo toca pasar por Campo Maneiro para bailar e pasalo ben .

En concreto, o día 16 estarán a París de Noia (aí é nada) e a Atenas. O venres Charleston Big Bang e Nueva Generación serán as que animen a noite, mentres que A Oca e Chanel darán marcha ao sábado. A festa rematará o domingo con Marbella e Limón.

Entre medias estará os grupos de gaitas Buxaina, Río Anxo, Castromao e Río Vello, as bandas de Rianxo e de Boiro, a charanga Vai de Baile, marichis… así que non podes quedar na casa, xa que en Taragoña deseñaron un cartel impresionante.

taragonha2015_1
taragonha2015_2