Non queda nada para os 8 días máis festieiros do ano. O fin oficial do verán e o inicio da depresión. O momento no que o calendario comeza a contar para atrás, ata as seguintes festas da Guadalupe. Velaquí o programa completo da edición deste 2019.
Fotos e vídeo do taller de parkour nas festas da Guadalupe de Rianxo 2018
15 Set
Como cada ano, na urbanización da Guadalupe tivo lugar un obradoiro de cultura urbana impartido por Vella Escola de Noia. Nesta ocasión foi de parkour, que consiste en sortear, saltar e pasar por riba de elementos do mobiliario urbano de forma elegante e moi estética. Ademais, ao final do taller deron unha demostración que nos deixou coa bocar aberta.
Seguir lendo
Fotos do último día das festas da Guadalupe de Rianxo e vídeo da Rianxeira
15 SetComo quen non quere a cousa, pasaron os oito días das festas da Guadalupe de Rianxo. Chegou o venres, o agardado día que para moitos supón o final do verán, un momento para celebrar e tamén para sentir nostalxia do que se vai co verán. Pero tamén unha xornada na que a celebración da Guadalupe acaba por todo o alto, cantando A Rianxeira con bengalas ás 2 da madrugada na praza de Castelao.
O día no que os xigantes volveron a Rianxo
11 SetHoxe, 11 de setembro de 2018, os xigantes regresaron á vila de Rianxo. En concreto, durante a celebración do Día de Padrón puidéronse ver a dous. Un home e unha muller. Iso si, a xente, lonxe de terlles medo, aplaudía e ficaba alegre coa imaxe.
Fotos das festas da Guadalupe 2018: o chupitaso
8 Set7 de setembro de 2018. Día sinalado no calendario de moitos rianxeiros. Semana grande das festas á vista. Moitos plans, moitas actividades, moitos amigos que no se ven o resto do ano e moitas ganas de espremer cada minuto ao máximo, como non querendo que a cousa acabe nunca.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2018: cartel, actividades e grupos
22 AgoQuedan dúas semaniñas para que comecen as festas da Guadalupe de Rianxo. Se non o tiñas claro, a Guadalupe comeza o 7 de setembro e remata o 14 dese mesmo mes. Oito días de festa con grandes orquestras como Abanico, Gran Parada, o Combo Dominicano e os Satélites. Pero tamén grandes momentos como o Chupitaso, o Día das Juadalupeñas, o Feirón, a procesión marítima ou o Rock in Rian. Cada ano parece que o corpo non vai aguantar, pero realmente o que non aguanta o corpo é estar sen desfrutar das grandes festas de Rianxo.
Fotos da Guadalupe 2017: a festa da escuma
19 SetUn dos momentos máis divertidos das festas vívese o venres ao mediodía. Ás 13.00 horas, nenos e non tan nenos xúntanse na praza para desfrutar da festa da escuma.
Fotos e vídeo da Guadalupe 2017: o día de Padrón
13 SetNo día de onte tivo lugar dentro das festas da Guadalupe o Día de Padrón. O recibimento ás autoridades do concello de Rosalía de Castro estivo condicionado pola nubes, aínda que ao final a chuvia non fixo acto de presenza.
Fotos da Guadalupe 2017: os xogos das Juadalupeñas pola tarde
12 SetO día das Juadalupeñas seguiu pola tarde na Martela. Os xogos desta vez foron cousa do programa “O porquiño polo que vale”, da canle Telemiño, que chegou a Rianxo para repartir xamóns co noso veciño Duarte Galbán.
Fotos e vídeos da Guadalupe 2017: os xogos das Juadalupeñas
11 SetDespois da lixeira chuvia que tivemos o domingo de noite, o luns das Juadalupeñas amenceu con moito sol e calor. O tempo ideal para participar nos xogos juadalupeños e gañar un xamón