7 de setembro de 2018. Día sinalado no calendario de moitos rianxeiros. Semana grande das festas á vista. Moitos plans, moitas actividades, moitos amigos que no se ven o resto do ano e moitas ganas de espremer cada minuto ao máximo, como non querendo que a cousa acabe nunca.
Este ano, como novidade, fíxose unha festa dos anos 80. A iso das 23.20h comezou a tocar un grupo tritubo a Queen xusto no lado oposto do Campo no que se fai o chupitaso. E a verdade é que foi todo un acerto, porque os que se querían mollar de viño estaban ben lonxe.
Uns minutos antes da medianoite o grupo McKuin tomou un pequeno descanso e o micrófono collérono no balcón do concello.
As juadalupeñas foron collendo sitio, apiñados como sardiñas en lata.
Viño, botellas e alcol variado preparado nas mans da xente.
Dende o balcón, os membros da Comisión de Juadalupeñas foron nomeando unha a unha a todas as participantes.
O Xixí tamén se animou a falar. Demostrou un ano máis a súa vitalidade, a súa implicación coa celebración e que a enerxía e ganas non hai quen o gañe. A partir de aí, ás 12 da noite, desatouse a tolemia na praza.
Velaquí un vídeo do momento:
En canto á festa dos 80, a dicir verdade ao principio da noite parecía que non se animara moita xente. Pero nada máis lonxe da realidade.
A xente tirou de imaxinación, de fantasía e de ganas de pasalo ben. Así que o espírito desa década estivo presente nunha noite calorosa que animou a que moitas persoas estivesen na praza de Castelao.
Por certo, que este ano os lemas que triunfaron nas camisetas das peñas foron os da serie Fariña. Terito e os vellos foron protagonistas de moitas das frases enxeñosas que se adoitan ver cada ano.
Pero desta vez queremos quedarnos cunha minipeña. Dúas únicas camisetas nas que se podía ler “Para música Queen. E pa bijote, o de Campaña e Cuquín”:
Deixar unha resposta