Como cada ano, na urbanización da Guadalupe tivo lugar un obradoiro de cultura urbana impartido por Vella Escola de Noia. Nesta ocasión foi de parkour, que consiste en sortear, saltar e pasar por riba de elementos do mobiliario urbano de forma elegante e moi estética. Ademais, ao final do taller deron unha demostración que nos deixou coa bocar aberta.
Seguir lendo
Fotos e vídeo do taller de parkour nas festas da Guadalupe de Rianxo 2018
15 SetFotos do último día das festas da Guadalupe de Rianxo e vídeo da Rianxeira
15 SetComo quen non quere a cousa, pasaron os oito días das festas da Guadalupe de Rianxo. Chegou o venres, o agardado día que para moitos supón o final do verán, un momento para celebrar e tamén para sentir nostalxia do que se vai co verán. Pero tamén unha xornada na que a celebración da Guadalupe acaba por todo o alto, cantando A Rianxeira con bengalas ás 2 da madrugada na praza de Castelao.
Fotos e vídeos da procesión da Guadalupe de Rianxo 2018
9 SetO día grande das festas chegou. O momento no que a Moreniña sae ao mar, sen facerlle caso ao que di a súa canción. Porque por máis que embarque, a Guadalupe nunca se marea. Os mariñeios e patróns de Rianxo levan ben os barquiños, que non son de pau de laranxo, pero que despois de dar unha voltiña ata Tanxil, volven á terra.
Fotos das festas da Guadalupe 2018: o chupitaso
8 Set7 de setembro de 2018. Día sinalado no calendario de moitos rianxeiros. Semana grande das festas á vista. Moitos plans, moitas actividades, moitos amigos que no se ven o resto do ano e moitas ganas de espremer cada minuto ao máximo, como non querendo que a cousa acabe nunca.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2018: cartel, actividades e grupos
22 AgoQuedan dúas semaniñas para que comecen as festas da Guadalupe de Rianxo. Se non o tiñas claro, a Guadalupe comeza o 7 de setembro e remata o 14 dese mesmo mes. Oito días de festa con grandes orquestras como Abanico, Gran Parada, o Combo Dominicano e os Satélites. Pero tamén grandes momentos como o Chupitaso, o Día das Juadalupeñas, o Feirón, a procesión marítima ou o Rock in Rian. Cada ano parece que o corpo non vai aguantar, pero realmente o que non aguanta o corpo é estar sen desfrutar das grandes festas de Rianxo.