Como cada ano, na urbanización da Guadalupe tivo lugar un obradoiro de cultura urbana impartido por Vella Escola de Noia. Nesta ocasión foi de parkour, que consiste en sortear, saltar e pasar por riba de elementos do mobiliario urbano de forma elegante e moi estética. Ademais, ao final do taller deron unha demostración que nos deixou coa bocar aberta.
Seguir lendo
Tag Archives: parkour
Fotos e vídeo do taller de parkour nas festas da Guadalupe de Rianxo 2018
15 Set
Advertisements
Fotos das Festas da Guadalupe 2011: culturas urbanas
16 SetUn ano máis celebrouse a xornada da Cultura Urbana coa xente da Vella Escola de Noia. A novidade (para min), máis significativa deste ano foi que houbese unha demostración de parkour polas rúas da vila e dende a praza da Guadalupe. Iso si, esta xente fíxonos correr e moito e deume a sensación de que non tiñan moi claro a onde podían ir e que facer. Para os que andabamos detrás deles foi un pouco caótico e estresante, a verdade. Iso si, é espectacular velos en acción.
Tamén houbo un taller e exhibición de break dance:
E mesmo un obradoiro de disc-jockey (xunto a outro de beatbox ou de skating, que tiveron lugar durante todo o día):