Un ano máis celebrouse a xornada da Cultura Urbana coa xente da Vella Escola de Noia. A novidade (para min), máis significativa deste ano foi que houbese unha demostración de parkour polas rúas da vila e dende a praza da Guadalupe. Iso si, esta xente fíxonos correr e moito e deume a sensación de que non tiñan moi claro a onde podían ir e que facer. Para os que andabamos detrás deles foi un pouco caótico e estresante, a verdade. Iso si, é espectacular velos en acción.
Tamén houbo un taller e exhibición de break dance:
E mesmo un obradoiro de disc-jockey (xunto a outro de beatbox ou de skating, que tiveron lugar durante todo o día):
Deixar unha resposta