Festas da Guadalupe de Rianxo 2018: cartel, actividades e grupos

22 Ago

cartel festas das Guadalupe de Rianxo

Quedan dúas semaniñas para que comecen as festas da Guadalupe de Rianxo. Se non o tiñas claro, a Guadalupe comeza o 7 de setembro e remata o 14 dese mesmo mes. Oito días de festa con grandes orquestras como Abanico, Gran Parada, o Combo Dominicano e os Satélites. Pero tamén grandes momentos como o Chupitaso, o Día das Juadalupeñas, o Feirón, a procesión marítima ou o Rock in Rian. Cada ano parece que o corpo non vai aguantar, pero realmente o que non aguanta o corpo é estar sen desfrutar das grandes festas de Rianxo.

Venres, 7 de setembro

Será o 7 de setembro cando na praza de Castelao se xunten novos e non tan novos para dicirlle a todo o mundo Viva a Ghuadalupe! O chupitaso dará paso a un descontrol absoluto no que é imposible atravesar a praza sen saír mollado.

Este ano, como novidade, celebrarase unha festa dos anos 80. Polo que a imaxinación, os disfraces e as ganas de pasalo ben non van faltar.

Sábado, 8 de setembro

Polo mediodía teremos o pregón, diante do Concello, a cargo de Airiños. Ao mediodía a ruta cicloturista e, pola noite, comezarán as orquestras, coa actuación de Noche de Estrellas e América SL.

Un dos pratos fortes é o festival Rock in Rian. De novo, un gran cartel, con grupos gratuítos e zona de acampada para quen veña de fóra. Actuarán Boikot, Ezetaerre, Son da Rúa, Funwikis e Skandalo Gz. Pero antes dos concertos xunto ao auditorio, haberá pasabares, animará a charanga Santa Compaña, haberá xantar popular e tamén un roteiro cultural.

Domingo, 9 de setembro

Sen dúbida é a xornada propia da Virxe da Guadalupe e o día de festa para as familias como tal, onde na casa se come como se non houbera un mañá rodeado de familiares e amigos. Comeza a xornada a misa no Campo de Arriba, para continuar coa procesión e a tradicional procesión marítima ata a estatua da Moreniña na praia de Tanxil/Quenxo.

Pola noite actuarán Dilema e Fania Blanco Show. E despois, se o tempo non o impide, haberá fogos de artificio.

Aproveitamos para lembrar que, cada mediodía (agás na xornada do 13 de setembro), actuará unha banda de música. En concreto as de Rianxo, Arca, Silleda, Merza, Arcade e Meaño.

Luns, 10 de setembro

Chegamos ao ecuador da festa. Remata a fin de semana, pero chega unha das xornadas nas que a xente máis está na rúa, sobre todo os mozos. Trátase do Día das Juadalupeñas. Pola mañá tocan os tradicionais xogos na praza de Castelao e, pola tarde, música e moitas actividades na Martela.

A sesión vermú, como non, correrá a cargo de Abanico. E completará o cartel musical Marbella.

Martes, 11 de setembro

Se o martes parecía mal día. Se pensabas que non un día entre semana non habería ninguén por Rianxo, iso é que non coñeces o ben que o teñen montado os da Comisión de Festas. Traen nin máis nin menos que o Combo Dominicano para que a festa non pare e o ritmo non baixe. En fronte, terán a Jerusalén, que tampouco o fan nada mal.

É tamén o Día de Padrón e da Cultura Urbana, con parkour, debuxo na rúa e talleres variados.

Mércores, 12 de setembro

Para os que aínda teñan corpo despois do Combo, amencerá o día con xogos tradicionais xunto á Manuela. Haberá tamén un obradoiro de malabares, ademais da actuación de Circanelo (circo e clown).

Celébrase tamén o Día dos Maiores, que de seguro bailarán con Principal e os Satélites.

 

Xoves, 13 de setembro

É o día do Feirón Mariñeiro. Sen máis. Un día para os propios rianxeiros, para desfrutar na rúa, para comer, tocar en compañía, bailar, comprar nos diferentes postos, volver comer e beber. Para desfrutar en maiúsculas. Sobre todo cando centos de veciños se xuntan para cantar a Rianxeira e outras cancións populares. Unha vila unida ao son da canción máis popular de Galicia.

Haberá noite folc, con Os Viqueiras, Alvariza e Radio Cos.

Os que prefiran dende o pasadobre á bachata, contarán con Magos e New York.

Venres, 14 de setembro

Como quen non quere a cousa, a festa chega ao seu último día. Ese momento no que se mestura a tristura e a constancia de que todo o bo se acaba. E tamén as ganas de apurar ao máximo as últimas horas da celebración, nunha noite máxica na que ás 2 da madrugada a xente canta a Rianxeira.

Os pequenos terán a súa verbena infantil, con Pakolas. Unha hora antes, dende as 22.00h, os de máis idade estarán no Rianxo on Fire, con Collón de Lola, Little Juice, Cromer, Liquen e Jinetes del Trópico.

Pero é que os de aínda máis idade tamén terán no Campo as actuacións de Samba, La Ola ADN e a Gran Parada. E precisamente a festa non vai parar ata as 8 da mañá, ata que se faga de día para, con pena, despedir a Guadalupe ata o 2019.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: