Fotos do último día das festas da Guadalupe de Rianxo e vídeo da Rianxeira

15 Set

ultimo-dia-guadalupe (1)

Como quen non quere a cousa, pasaron os oito días das festas da Guadalupe de Rianxo. Chegou o venres, o agardado día que para moitos supón o final do verán, un momento para celebrar e tamén para sentir nostalxia do que se vai co verán. Pero tamén unha xornada na que a celebración da Guadalupe acaba por todo o alto, cantando A Rianxeira con bengalas ás 2 da madrugada na praza de Castelao.

ultimo-dia-guadalupe (5)
Neste post iremos repasando como foi a noite. De feito, as fotos de arriba son no Campo da festa ás 00.15 da noite, cando aínda se vía moi lonxe iso de que se fixera de día.

ultimo-dia-guadalupe (14)

Había catro grandes focos: en primeiro lugar, o propio Campo, onde tocaban as orquestras e a xente bailaba. Despois a zona portuaria, lugar obrigado para centos de pais que teñen que levar os rapaces si ou si ás atraccións. A continuación estaba a praza de Rafael Dieste, onde se celebrou o Rianxo on Fire. A verdade é que moi bo ambiente. Cando pasei estaban tocando cancións do Xabarín Club, polo que era como volver atrás no tempo.

ultimo-dia-guadalupe (17)
Os que tamén desfrutaban ao grande foron os máis cativos nese cuarto espazo de festa, no Cabo da Vila. Alí houbo un concerto para nenos, con confeti, globos xigantes, música, contacontos, debuxos… Para que se lles fixera levadeiro o momento de chegar á Rianxeira.

Abaixo tedes a foto do concerto de Pakolas. A imaxe é de Jorge Lleto Gestido Menduiña.

Mentres, na praza daban as 1.15 e moita xente xa ía collendo posicións de cara á Rianxeira. De novo, unha noite espectacular, con algo de vento, pero moi boa temperatura. Vamos, que non volveremos ter outra Guadalupe case tropical na que os pantalóns e as mangas curtas foron protagonistas.

ultimo-dia-guadalupe (23)ultimo-dia-guadalupe (24)

La Ola ADN foron os encargados desta sesión musical antes de dar paso ás bengalas. ultimo-dia-guadalupe (35)ultimo-dia-guadalupe (41)

E como quen non quere a cousa, chegaron as dúas da madrugada. Momento no que os chisqueiros se atopan coas bengalas, se producen miles de vagalumes chisqueantes que danzan ao son da Rianxeira. ultimo-dia-guadalupe (52)ultimo-dia-guadalupe (55)

Os que inaguraron a canción foron precisamente os de La Ola ADN. ultimo-dia-guadalupe (62)ultimo-dia-guadalupe (74)

A continuación tocou a Gran Parada. ultimo-dia-guadalupe (77)ultimo-dia-guadalupe (88)ultimo-dia-guadalupe (91)ultimo-dia-guadalupe (92)ultimo-dia-guadalupe (95)ultimo-dia-guadalupe (107)

E rematou o Grupo Samba. ultimo-dia-guadalupe (122)

Por último, como xa é tradición, falou o presidente da comisión de festas, o Xixí. Pediu de novo aguantar as festas, que non se perda todo o que se leva conseguido nestes anos e que as orquestras do último día baixen o caché, porque senón van ter que prescindir delas. A multitude correspondeu, como non, coa frase “Que bote o Xixí, que bote o Xixí!”. ultimo-dia-guadalupe (131)

A noite seguía. E así se vía a praza ás 3.10, unha hora despois de soar a Rianxeira. Moita xente recolleu, algunha aproveitaba para tomar algo nos bares, pero a ocupación era bastante alta. ultimo-dia-guadalupe (146)ultimo-dia-guadalupe (149)

Mentres, ás 3.40 da madrugada, na praza de Rafael Dieste tamén continuaban tocando os grupos do Rianxo on Fire. ultimo-dia-guadalupe (154)ultimo-dia-guadalupe (161)

E aquí unha imaxe ás 4.15 de novo no Campo de Abaixo, mentres actúa a Gran Parada. ultimo-dia-guadalupe (171)

Unha hora despois, ás 5.15h, estaba rematando o seu pase La Ola ADN. ultimo-dia-guadalupe (173)ultimo-dia-guadalupe (178)

Na seguinte imaxe xa cambiamos de lado da praza. Ás 5.45h o Grupo Samba estaba coa súa última actuación musical. Os pases xa son dunha hora cada un. ultimo-dia-guadalupe (183)ultimo-dia-guadalupe (193)ultimo-dia-guadalupe (200)ultimo-dia-guadalupe (208)

Ao carón estaba o palco da orquestra Gran Parada. Ás 7.00h estaban tamén co seu último pase. ultimo-dia-guadalupe (212)ultimo-dia-guadalupe (216)ultimo-dia-guadalupe (219)ultimo-dia-guadalupe (224)ultimo-dia-guadalupe (226)ultimo-dia-guadalupe (227)

Chegaba o día ao Campo. Son as 8 da mañá e por todos lados se vían bolsas, vasos e plásticos. ultimo-dia-guadalupe (229)

Os empregados encargados de recoller os palcos tiñan que pelexar co lixo mentres facían o seu traballo. ultimo-dia-guadalupe (232)ultimo-dia-guadalupe (235)

A La Ola ADN xa lle quedaba menos para rematar tanto o seu traballo como para dar por finalizadas as festas. No fondo vese que é completamente de día. Unha pequena néboa comezaba a entrar na praza.

ultimo-dia-guadalupe (238)ultimo-dia-guadalupe (241)ultimo-dia-guadalupe (243)ultimo-dia-guadalupe (245)

A pesar da hora, a xente seguía animada e con ganas de que lles fixese fotos 🙂ultimo-dia-guadalupe (248)

Hai que darlle un grande aplauso a este rapaz, que estivo toda a festa patinando pola praza e non é que fose precisamente sinxelo nin pola xente nin polos desperdicios. ultimo-dia-guadalupe (251)

ultimo-dia-guadalupe (265)ultimo-dia-guadalupe (255)ultimo-dia-guadalupe (257)

Aínda que a praza era un auténtico vertedoiro, hai que felicitar a toda esa xente cívica que recolleu o seu lixo e empregou os contedores que había nas esquinas do recinto. ultimo-dia-guadalupe (262)

Así e todo, os varrendeiros tiñan choio e choio por diante. ultimo-dia-guadalupe (263)ultimo-dia-guadalupe (270)ultimo-dia-guadalupe (272)

E, como quen non quere a cousa, deron as 8.40 da mañá. E mentres algún seguramente madrugada para facer deporte, almorzar ou ir traballar, outros aínda o estaban a pasar en grande e con forzas no corpo. Lamentablemente, todo chega á súa fin e a Guadalupe 2018 dicía adeus. ultimo-dia-guadalupe (274)ultimo-dia-guadalupe (277)ultimo-dia-guadalupe (283)

En lugar de rematar a reportaxe coa praza desolada, preferimos finalizar recordando as bengalas con esta foto e este vídeo:

ultimo-dia-guadalupe (63)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: