A Comisión de Juadalupeñas está todo o ano traballa que traballa, facendo eventos e actividades para poder facer un gran festival de música gratuíto e a verdade é que ten un mérito incrible. Ademais de que se nota o gran nivel que conseguen.
Durante o Rock in Rian hai actividades todo o día, como unha comida no lugar do concerto ou pasabares. Ás 19.30h comezaba un aperitivo do festival coa actuación de Sondarúa na rúa de Abaixo. Como é un dos grupos favoritos da miña afillada, alí que estivemos 🙂
Para os que non os coñezades, velaquí unha das súas cancións máis famosas, “En galego non mola”:
Pola noite o lugar da música era o parque de Galicia, onde un gran escenario acolleu antes que a ninguén a Boikot.
Os que pechaban o festival eran os mozos de Ezetaerre, que tamén é dos favoritos da miña afillada, polo que estivemos ata o final 🙂
Deixar unha resposta