Tag Archives: festas da Guadalupe 2018

Fotos do último día das festas da Guadalupe de Rianxo e vídeo da Rianxeira

15 Set

ultimo-dia-guadalupe (1)

Como quen non quere a cousa, pasaron os oito días das festas da Guadalupe de Rianxo. Chegou o venres, o agardado día que para moitos supón o final do verán, un momento para celebrar e tamén para sentir nostalxia do que se vai co verán. Pero tamén unha xornada na que a celebración da Guadalupe acaba por todo o alto, cantando A Rianxeira con bengalas ás 2 da madrugada na praza de Castelao.

Seguir lendo

Fotos e vídeos da procesión da Guadalupe de Rianxo 2018

9 Set

procesion-guadalupe-2018 (8)

O día grande das festas chegou. O momento no que a Moreniña sae ao mar, sen facerlle caso ao que di a súa canción. Porque por máis que embarque, a Guadalupe nunca se marea. Os mariñeios e patróns de Rianxo levan ben os barquiños, que non son de pau de laranxo, pero que despois de dar unha voltiña ata Tanxil, volven á terra.

Seguir lendo