Hoxe, 11 de setembro de 2018, os xigantes regresaron á vila de Rianxo. En concreto, durante a celebración do Día de Padrón puidéronse ver a dous. Un home e unha muller. Iso si, a xente, lonxe de terlles medo, aplaudía e ficaba alegre coa imaxe.
Así foi o traslado e a misa de corpo presente de Castelao en Bos Aires
24 XanDe novo a Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) volve ofrecernos un gran documento na rede. Desta vez o traslado dos restos de Castelao polas rúas de Bos Aires e a misa de corpo presente na basílica de Santa Rosa de Lima, ao tempo que se entrevista ao presidente do Centro Galego da capital arxentina e a Luís Sobreira, Presidente do Instituto Argentino de la Cultura Gallega.
Final do certame de poesía erótica Ferve a Lingua
17 MaiOnte tivo lugar na cafetería Castelao a terceira xornada e final do certame de poesía erótica “Ferve a lingua”. Despois dunha estupenda introdución de Esther Carrodeguas, falou Hadriana Ordóñez, que se amosou orgullosa da participación e de toda a xente que acudía ao evento.
A sala Castelao no Museo de Pontevedra
3 AbrNo Museo da Deputación de Pontevedra alberga unha sala adicada en exclusiva ao rianxeiro máis coñecido: Castelao. Alí poderemos atopar moitas das súas obras, algunhas de seguro que sorprendentes para o visitante, así como as caretas da súa obra Os vellos non deben de namorarse. Comentar que a entrada é gratuíta, así que se ides por Pontevedra, non deixedes de ir.
Xornadas da RAG sobre Castelao
16 OutComo podemos ler na web do Concello, “comezan en Rianxo as xornadas dedicadas a Castelao que vai a organizar a Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Rianxo e do Museo de Pontevedra”. Inícianse hoxe, xoves 16 de outubro ás 20.00 horas no Auditorio de Rianxo e continúan o 21 e o 30 de outubro.
“Irmán Daniel!”. O poema de Cabanillas a Castelao, cantado por Juan Pardo
10 AgoSei que é unha estraña mestura, pero aquí tedes esta canción en galego sobre a morte de Castelao, cantada por Juan Pardo.
A letra é orixinal de Ramón Cabanillas, o poeta de Cambados. Vese que vía a Castelao coma un irmán. A continuación, reproducimos a letra:
Actos Castelao 2014 e xira da Escola de Música de Rianxo
22 XanXa están dispoñibles as actividades a desenvolver polo concello de Rianxo con motivo dos actos Castelao 2014.
A inspiración do escudo de Castelao
12 DecComo sabedes, as comezos do século XX, Castelao fixo unha proposta para o escudo de Galicia, na que incorporaba a frase “Denantes mortos que escravos” (utilizada polos polos membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron as tropas inglesas en 1806). Pois ben, boa parte da inspiración deste escudo chegoulle de dous escudos que hai en Rianxo. Sabedes cales son?