Precioso o vídeo no que cantan os cativos de 6º de educación infantil do CEIP Ana María Diéguez de Asados. Interpretan a canción “Metido nun ovo” con música da Charanga Vai de Roda. A montaxe e gravación foi realizada por Fachico Gómez.
“Irmán Daniel!”. O poema de Cabanillas a Castelao, cantado por Juan Pardo
10 AgoSei que é unha estraña mestura, pero aquí tedes esta canción en galego sobre a morte de Castelao, cantada por Juan Pardo.
A letra é orixinal de Ramón Cabanillas, o poeta de Cambados. Vese que vía a Castelao coma un irmán. A continuación, reproducimos a letra:
Rianxo Pájaro Pinto
27 OutVelaquí a fermosa canción de “Rianxo Pájaro Pinto”, cantada polo grupo O Fiadeiro de Vigo (a partir do minuto 2:25):
A canción da Rianxeira a ritmo cubano
11 MaiInterpretación da artista Yamila Purofilin da nosa Rianxeira. A fusión non puido dar mellor resultado:
Os autores da Rianxeira
21 XanSe por algo se nos coñece en Rianxo, aparte de polos grandes escritores e debuxantes que naceron aquí, é por unha canción coñecida en Galicia enteira: a Rianxeira. Como se pode ler na Galipedia, non foi escrita en Galicia, senón na Arxentina por dous rianxeiros emigrados.
Na Galipedia podemos ler que “foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo, quen compuxo a musica, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado “Pinciñas”, compositor da letra. Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires”.