Tag Archives: Xesús Frieiro Dourado

Os autores da Rianxeira

21 Xan

Placa da rúa que leva o nome dos autores da Rianxeira

Se por algo se nos coñece en Rianxo, aparte de polos grandes escritores e debuxantes que naceron aquí, é por unha canción coñecida en Galicia enteira: a Rianxeira. Como se pode ler na Galipedia, non foi escrita en Galicia, senón na Arxentina por dous rianxeiros emigrados.

Na Galipedia podemos ler que “foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo, quen compuxo a musica, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado “Pinciñas”, compositor da letra. Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires”.

Advertisements