Tag Archives: A Rianxeira

Vídeos do feirón mariñeiro 2015

24 Set

Un dos momentos máis emotivos da Guadalupe é cando todos os veciños se xuntan para tocar e cantar no feirón mariñeiro. Nesta ocasión o punto de encontro foi a praza da Manuela, onde as pezas non pararon de soar durante máis de media hora.

Velaquí a canción da Rianxeira e de Rianxo Pájaro Pinto:

E aquí tedes outra peza rianxeira que se vivíu moito, A Camposa, dos Rosales:

Por que nos molesta que se diga “Non te vaias Rianxeira” en lugar de “embarques”?

16 Ago

Unha das cousas que máis nos enche de orgullo aos rianxeiros é esa canción coñecida en toda Galicia. Unha peza que trascende do local para representar a toda unha comunidade, porque A Rianxeira non deixa de ser o himno oficioso da nosa comunidade, unha cantiga recoñecida por todos os que vivimos aquí e que todo galego leva tamén canda si, incluso cando emigra. É un fenómeno social, máis aló de fronteiras, pero que nos sitúa tamén no mapa (cousa que sempre gusta).

Seguir lendo

Faleceu Andrés Lojo

8 Nov

24082013-varias 017

Onte, a través de Marta, de La Voz de Galicia, coñecemos a notica de que Andrés Lojo (1926) falecera. Para quen non o coñeza, Andrés formara parte do Coro Castelao de Bos Aires, que gravou a peza orixinal da Rianxeira, “Ondiñas da nosa ría”, escrita por Romero e Pinziñas. Aínda que naceu en Rianxo, emigrou á Arxentina, onde estaban os seus pais. El mesmo foi quen mandou o disco dende alá, a través dun barco inglés, para que soase por primeira vez na terra no Feliciano.

Seguir lendo

O pobo de Rianxo cantando no feirón mariñeiro

22 Set

Un dos momentos máis fermosos do feirón mariñeiro tivo lugar ás 8 da tarde na praza da Igrexa. Alí xuntouse boa parte do pobo de Rianxo para cantar unidos a unha voz a “Rianxeira”:

Como a xente pedía máis, os músicos animáronse e cantaron tamén “Rianxo, pájaro pinto”:

Festas da Guadalupe 2013: o último día

29 Set

bengalas01

O último día é o máis agardado por moitos e tamén o máis odiado para tantos outros, xa que vén un montón de xente de fóra, case non se pode camiñar pola praza e hai moito botellón. É o último día das festas, nas que se nos sentimos orgullos cantando A Rianxeira e ao tempo que se acenden miles de bengalas entre tres grandes palcos de orquestras, no noso coranzonciño tamén se ilumina algo. Para ben e para mal as festas de Rianxo son grandes festas, por is non deixan indiferente a ninguén.

Seguir lendo

“Un bico, un cantar”, un programa adicado á Rianxeira na TVG

14 Xan

Fotos das festas de Guadalupe de Rianxo 2010: o último día

8 Nov

E cun pouco de pena chegamos ao remate das festas.  Pero para o ano máis e que non falte ninguen.
Aquí vos quedan as últimas fotos onde podedes ver distintos momentos ao longo da noite: a cantata da Rianxeira coas vengalas, o chocolate con churros,  a festa ata as nove da mañá (aínda que este ano acabou un pouco antes debido a uns “graciosos” que a última hora se dedicaron a cortarlle a luz á orquestra) e moito alcol. Vamos, que de novo as nosas felicitacións para a xente da Comisión de Festas, porque este ano as festas foron de novo as mellores!

Aínda que igual non se poida apreciar moi ben, este home leva un par de globos atados á súa coleta. Para quen non o saiba, a rapaza é Dora la Exploradora, e el estaba explorando as combinacións de distintas bebidas espirituosas.

As festas fan que nos convirtamos en máis amigos:

“Espero que os xelos non nos senten mal, que sempre pasa o mesmo”.

Hai, o que une unha boa botella de viño. O amor, que xorde así, cando menos o espera un:

Ata os confederados viñeron ás festas 😀

O chocolate con churros este ano tomámolo a iso das 5 da mañá no Refugio. Para a nosa pena o Toffe non estaba aberto (o ano pasado estaba riquísimo e saiunos moi barato). Do cholocate do Refugio non hai queixa, pero dos churros si: auténticos ladrillos en tiras. Estaban durísimos, todo o mundo estaba flipando, porque había que ter bos dentes para abordalos e non morrer no intento. De feito, eu saín do local para ir compralos a unha churrería e recibín aplausos por parte dunha mesa.

Velaquí un auténtico festeiro rianxeiro ás 8 da mañá, fresco como unha leituga:

O atuendo destoutro tampouco é menos curioso: o que queda dunha guitarra desas que venden os marroquís e un modelo de gafas que arrasaron estas festas. Creo que moito non vía (a foto está moi pixelada porque a saquei de moi lonxe e tiven que aumentar o detalle).

A que é apetecible? Creo que o que se vía no Banco Pastor ás 9 da mañá estaba rico, rico:

Algúns, con tanta festa, volveron á súa infancia:

E pola mañá podíase ver esta estraña estampa: mentres algúns se erguían e comezaban a ler o xornal, outros aínda non tiñan claro que facer, se tirar para a cama ou seguir.

Está claro que se as igrexas fosen bares, non lle faltarían fieis 😉

Os autores da Rianxeira

21 Xan

Placa da rúa que leva o nome dos autores da Rianxeira

Se por algo se nos coñece en Rianxo, aparte de polos grandes escritores e debuxantes que naceron aquí, é por unha canción coñecida en Galicia enteira: a Rianxeira. Como se pode ler na Galipedia, non foi escrita en Galicia, senón na Arxentina por dous rianxeiros emigrados.

Na Galipedia podemos ler que “foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo, quen compuxo a musica, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado “Pinciñas”, compositor da letra. Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires”.