Velaquí vos traemos a segunda parte da procesión do domingo. Pero, nesta ocasión, dende o punto de vista marítimo, xa nos barcos. Queremos agradecerlle tanto á Comisión de Festas da Guadalupe como a David do Toffe a oportunidade de podermos ir, tanto Xoán coma min, en cadasúa embarcación e seguir así a procesión dende o mar. Aquí tedes parte das fotos que sacamos ese día.
Festas da Guadalupe 2013: o último día
29 SetO último día é o máis agardado por moitos e tamén o máis odiado para tantos outros, xa que vén un montón de xente de fóra, case non se pode camiñar pola praza e hai moito botellón. É o último día das festas, nas que se nos sentimos orgullos cantando A Rianxeira e ao tempo que se acenden miles de bengalas entre tres grandes palcos de orquestras, no noso coranzonciño tamén se ilumina algo. Para ben e para mal as festas de Rianxo son grandes festas, por is non deixan indiferente a ninguén.
Festas da Guadalupe 2013: a festa da escuma
28 SetVelaquí un dos momentos máis divertidos da Guadalupe, a festa da escuma que se fai sempre o último día antes da seisón vermú na praza de Castelao.
Festas da Guadalupe 2013: Rianxolandia
28 Set
De novo, o último día da Guadalupe, o venres, foi festivo local. Os cativos non tiveron escola, polo que puideron desfrutar un montón de todas as actividades e xogos de Rianxolandia.
Festas da Guadalupe 2013: o Rianxo on Fire ‘13
25 SetO luns 16 celebrouse por primeira vez en Rianxo un festival de música alternativo, o Rianxo on Fire. Viñeron un feixe de grupos, con distintos estilos e mesmo DJs. Eu teño que dicir que fun nun momento pola tarde e noutra de noite (xa sen cámara). Pola tarde case todo o mundo estaba preto do polideportivo, coas Juadalupeñas, polo que foi unha pena que coincidiran dous eventos ao mesmo tempo, xa que isto de seguro que lle restou público. E pola noite teño que dicir que facía un frío na praza da Guadalupe que metía medo.
Festas da Guadalupe 2013: o feirón mariñeiro
22 SetDe novo, un dos momentos máis agardados polos rianxeiros foi o do feirón mariñeiro, no que cada vez nos involucramos máis. Só hai que ver a xente que vai ataviada de época polas rúas. E, de novo, a cantidade de persoas que van cos amigos, a gaita ou un tambor e amenizan con música a xornada.
Festas da Guadalupe 2013: os fogos de artificio
22 SetComo cada domingo de festa, á medianoite todas as luces da Ribeira apagáronse para que puidésemos desfrutar das cores, formas e brillos que nos brindan os fogos de artificio. Velaquí un pequeno resumo do que foi o espectáculo pirotécnico.
Festas da Guadalupe 2013: o Rock in Rian
16 SetDe novo, un gran traballo da Comisión de Juadalupeñas, que trouxo a Rianxo a Medomedá, á Compañía do Ruído, Terbutalina e Sonoro Maxín. En total, 7 horas de boa música nun gran festival. Velaquí unhas poucas fotos.