De novo, un dos momentos máis agardados polos rianxeiros foi o do feirón mariñeiro, no que cada vez nos involucramos máis. Só hai que ver a xente que vai ataviada de época polas rúas. E, de novo, a cantidade de persoas que van cos amigos, a gaita ou un tambor e amenizan con música a xornada.
As rúas estaban ateigadas de xente, ata o punto de nalgunhas zonas costaba camiñar:
Cé Orquestra Pantasma animando as rúas coas súas cántigas e historias:
Uns rapaces tocándolle as bocinas a Cé Orquestra Pantasma 🙂
Outro ano máis, tamén puidemos ver ao alcalde Adolfo Muíños tocando no feirón:
Román, coma sempre, vestido de muller durante o feirón:
Polas rúas tamén houbo magos, facendo os seus trucos entre os transeúntes:
Unha das zonas que máis chamou a atención aos rianxeiros foi a que se creou ao lado do “Portiño”, onde se puideron ver fotos antigas baixo o lema de “A xente que fai a historia dos pobos”:
Ángela Manualidades (que sabemos que é seguidora da páxina), maquillando a Ana:
Os de Antrospinos co seu bar móbil servindo calimochos:
O escultor e ferreiro Che Tembra co seu neto:
Que mellor sitio para comer que a propia rúa, ao ladiño da casa:
Pola tarde, as rúas seguían ateigadas de persoas:
Unha resposta a “Festas da Guadalupe 2013: o feirón mariñeiro”