O domingo é o día da Moreniña. É a xornada na que a Virxe da Guadalupe suca as augas da ría de Arousa para achegarse ata Tanxil. É o momento no que miles de persoas lle rezan e a acompañan con devoción e cariño.
Fotos e vídeos da Guadalupe 2017: procesión marítima
10 SetUn ano máis o domingo foi o día grande das festas da Guadalupe. O momento no que a Moreniña saíu de procesión dende a capela que ten no Campo de Arriba para percorrer en barco parte da ría de Arousa e volver precisamente a Rianxo, a localidade na que tanta devoción lle teñen os seus veciños.
Fotos e vídeos das Festas da Guadalupe 2016: a procesión do domingo
11 SetHoxe, domingo, foi o día grande das festas, coa misa na honra da Virxe da Guadalupe e a posterior procesión marítima. Esta última estivo en perigo, pola néboa imperante na ría. Finalmente houbo sorte e foi levantando aos poucos, ata quedar un día marabilloso.
Festas da Guadalupe 2013: a procesión
16 SetVelaquí a máis completa reportaxe fotográfica do que foi a procesión da Guadalupe en Rianxo neste 2013. Un traballo conxunto entre Xoán Antón Castro e Óscar Reboiras.
De novo, o tempo non puido ser mellor e, a pesar de que coincidía co Nazareno na Pobra, miles de persoas acompañaron a Virxe moreniña. Aínda que antes tocoulle o turno á misa no Campo de Arriba, oficiada polo padre Santiago Agrelo.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: a procesión da Virxe
23 SetXa me van quedando menos fotos para colgar no blog 😉
Hoxe póñovos aquí as da procesión da Virxe da Guadalupe, celebrada o pasado 13 de setembro. Lamentablemente, como non teño ningún coñecido por barco, a procesión marítima vina de lonxe 😦