Hoxe, domingo, foi o día grande das festas, coa misa na honra da Virxe da Guadalupe e a posterior procesión marítima. Esta última estivo en perigo, pola néboa imperante na ría. Finalmente houbo sorte e foi levantando aos poucos, ata quedar un día marabilloso.
E aquí un par de vídeos. O primeiro é coa banda de música de fondo e o segundo é diante da Virxe da Guadalupe en Tanxil, con todos os barcos tocando as súas bucinas:
Magnífico traballo o voso, amigos. Graciñas por tanta fermosura.