Aínda que o ceo estivo algo encapotado, por sorte non houbo néboa e puidemos desfrutar dos fogos artificias o domingo á medianoite. O que si, foron moitos os rianxeiros que no medio do espectáculo pirotécnico levaron un bo susto por unha detonación un tanto estraña. Foi un estrondo máis grande do acostumado, que procovou que moitos deran un chimpo e incluso se comentaba que ao final non soaron as tres bombas do final, polo que non se sabía moi ben se estas estouparon antes do tempo, pero no propio peirao, en lugar de no ceo.
Deixar unha resposta