O último día das festas da Guadalupe comezaba co festival de música Rianxo on Fire, que tivo lugar ao lado da praza da Manuela. Moi preto, centos de pais acompañaban aos máis cativos nas atraccións, mentres miles de persoas tomaban algo nas terrazas ou bailaban na praza de Castelao.
Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: a festa da escuma
18 SetDucias e ducias de rapaces e non tan rapaces xuntáronse na praza de Castelao para celebrar a festa da escuma. Como curiosidade, dicir que este ano a escuma era diferente. Non tiña tanto volume, polo que non cubría a xente e era máis divertido moverse e xogar. Vamos, que os pais de seguro que o agradeceron.
Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: Rianxolandia
18 SetUn dos días máis agardados polos nenos é o venres da Guadalupe, no que ten lugar Rianxolandia. Alí hai diferentes atraccións nas que os pequenos poden brincar, xogar, rir e pasar a mañá e a tarde cos seus amigos.
Vídeos da Rianxeira popular o día do feirón mariñeiro
17 SetXa temos varios vídeos do que foi a Rianxeira popular nos xardíns da Ribeira, onde os veciños se xuntan para cantar, tocar e bailar.
A Rianxeira. Vídeo de Carlos Ces:
E aquí outra perspectiva, xa gravada por nós:
Rianxo Pájaro Pinto:
A canción dos pitiños:
Bailando A Camposa:
Fotos das Festas da Guadalupe 2016: o feirón mariñeiro pola tarde-noite
17 SetXa está aquí a segunda parte das fotos do feirón mariñeiro, cun mometo moi emotivo, cando todos os veciños se xuntan para tocar A Rianxeira, o Pájaro Pinto, A Camposa e calquera outra cancións tradicional que se poña por diante.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o taller de decoración de gorras
15 SetUnha das grandes cousas que ten a Guadalupe é que conta con actividades todos os días, moitas delas pensadas para os máis pequenos, para que vaian sentindo coma súas as festas. Esta foi unha delas, un taller para personalizar gorras e no que tamén podían pintar.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o festival TOSTA
13 SetEste ano, como novidade nas Festas da Guadalupe, celebrouse o festival TOSTA. Trátase dun evento que coincide coa capitalidade cultural de Donostia e no que se trata de difundir linguas minoritarias en Europa, como as de Frisia, Cornualles, Escocia, Irlanda, Gales e Euskal Herria, os lugares que forman parte do proxecto Tosta.
Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o día das Juadalupeñas
12 SetUn anos máis, a xornada das Juadalupeñas foi unha da que nos deu momentos máis divertidos e simpático cos xogos durante a mañá.
Pola tarde, a comida e a festa seguiron no parque da Martela, con moita xente, como podemos ver na foto de Groove Amigos.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: os fogos artificiais
12 SetAínda que o ceo estivo algo encapotado, por sorte non houbo néboa e puidemos desfrutar dos fogos artificias o domingo á medianoite. O que si, foron moitos os rianxeiros que no medio do espectáculo pirotécnico levaron un bo susto por unha detonación un tanto estraña. Foi un estrondo máis grande do acostumado, que procovou que moitos deran un chimpo e incluso se comentaba que ao final non soaron as tres bombas do final, polo que non se sabía moi ben se estas estouparon antes do tempo, pero no propio peirao, en lugar de no ceo.
Fotos e vídeos das Festas da Guadalupe 2016: a procesión do domingo
11 SetHoxe, domingo, foi o día grande das festas, coa misa na honra da Virxe da Guadalupe e a posterior procesión marítima. Esta última estivo en perigo, pola néboa imperante na ría. Finalmente houbo sorte e foi levantando aos poucos, ata quedar un día marabilloso.