Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o último día

18 Set

guadalupe-varias-320

O último día das festas da Guadalupe comezaba co festival de música Rianxo on Fire, que tivo lugar ao lado da praza da Manuela. Moi preto, centos de pais acompañaban aos máis cativos nas atraccións, mentres miles de persoas tomaban algo nas terrazas ou bailaban na praza de Castelao.

guadalupe-varias-322 guadalupe-varias-325

Todo o mundo coincidiu en que este ano houbo menos coches. Á medianoite non había ningunha cola para entrar en Rianxo, e as prazas de aparcamento non se completaron. Iso si, de novo o praza de Castelao encheuse para cantar a Rianxeira, como se pode ver nas seguintes fotos. guadalupe-varias-327 guadalupe-varias-328 guadalupe-varias-329 guadalupe-varias-336 guadalupe-varias-340 guadalupe-varias-344

Ás 2 da mañá apagáronse as luces e algúns, antes incluso de que as orquestras comezaran a cantar xa acendían as bengalas. guadalupe-varias-347 guadalupe-varias-348

O punto de saída dérona dende o palco da orquestra Aché. guadalupe-varias-363 guadalupe-varias-364 guadalupe-varias-365 guadalupe-varias-366

Seguiron os da orquestra Gran Parada: guadalupe-varias-368 guadalupe-varias-373 guadalupe-varias-374 guadalupe-varias-376 guadalupe-varias-377 guadalupe-varias-379 guadalupe-varias-380 guadalupe-varias-381 guadalupe-varias-382 guadalupe-varias-384 guadalupe-varias-385 guadalupe-varias-386 guadalupe-varias-388 guadalupe-varias-389

guadalupe-varias-390 guadalupe-varias-392 guadalupe-varias-396 guadalupe-varias-403

E, como fin de festa, fogos artificiais na ribeira: guadalupe-varias-407 guadalupe-varias-412 guadalupe-varias-414 guadalupe-varias-418 guadalupe-varias-420 guadalupe-varias-422 guadalupe-varias-426

O Xixí volveu pedir sentidiño para os que estaban de festa e ían beber, pero tamén apoio e axuda para continuar coas festas, que supón un grande esforzo económico entre todos os veciños. Ademais, adiantou que o próximo será o último ano que estará á fronte da Comisión de Festas. Hai que ter en conta que ten 78 anos e que os anos van pesando.

guadalupe-varias-427

Iso si, hai quen se pregunta que será das festas da Guadalupe sen o Xixí na comisión, porque son moitos anos de experiencia e de dedicación. Dende logo quen se faga cargo partirá cun listón moi alto.

guadalupe-varias-428 guadalupe-varias-431 guadalupe-varias-434

E agora imos vendo como foi a noite. Aquí tedes unha foto ás 3.25 horas da madruga: guadalupe-varias-444 guadalupe-varias-445

 

Na Ribeira continuaban tocando grupos no Rianxo on Fire: guadalupe-varias-448 guadalupe-varias-450 guadalupe-varias-451

A Aché, tocando ás 4.40 horas: guadalupe-varias-452 guadalupe-varias-453 guadalupe-varias-456

E aquí o grupo Samba ás 5.35 horas: guadalupe-varias-458 guadalupe-varias-465 guadalupe-varias-468 guadalupe-varias-470

E aquí outra perspectiva, minutos antes das 6: guadalupe-varias-471

Preto das 6.30 fomos tomar o chocolate con churros. Iso si, dicir que estivemos dando voltas. No Braisa estaban a tope a iso das 6 e na Fábrica de Doces xa non tiñan, porque nos comentaban que a xente o comezou a tomar moi cedo e quedaron sen el. Finalmente, no Braisa quedou unha mesa libre e puidemos tomar algo quentiño e moi rico: guadalupe-varias-474

De novo na praza, ás 7 da mañá coa Gran Parada dándoo todo:

guadalupe-varias-478

A xente estaba a pasalo moi ben, a pesar das horas que o corpo levaba enriba: guadalupe-varias-480 guadalupe-varias-484 guadalupe-varias-485 guadalupe-varias-486 guadalupe-varias-493 guadalupe-varias-495

Algúns incluso tiñan bengalas sen acender e calquera momento era bo para gastalas: guadalupe-varias-496

E aquí ás 8 da mañá: guadalupe-varias-499 guadalupe-varias-500

Durante toda a noite, un grupo de oito gardas civís estiveron vixiando e velando pola seguridade das festas. Aquí un momento no que apartaron de entre a muchedumbre a un mozo nun presunto altercado. Fóra diso, a verdade é que vimos que a noite foi moi tranquila: guadalupe-varias-501 guadalupe-varias-503 guadalupe-varias-508 guadalupe-varias-510

O que si, aínda que houbera menos xente ca outros anos, como se pode ver no fondo da foto, o lixo non faltou na praza.

Foi curioso ver como a pesar de que había varios contedores grandes, ningún deles estaba cheo, mentres no campo había centos de bolsas con botellas de plástico e vidro xunto con latas e cubiños de xelo. Ademais, algúns mozos bébedos mexaban nas portas das casas, polo que é normal que moitos veciños estean en contra do que pasa esta última xornada, na que o Campo se converte nun enorme botellómetro polo que ás veces é complicado transitar e co perigo que ás veces supón o vidro roto.

Por certo, que aínda que eu particularmente non notei diferenza no lixo con respecto a outros anos, polo que puiden saber si a houbo. Nesta xornada os servizos de limpeza de Rianxo recolleron 17 contedores de residuos. A marca está en 25 e, a maiores, nun camión de desperdicios. 

guadalupe-varias-515

Por certo, que a festa rematou ás 8.40 horas. Aquí os últimos minutos antes de o telón pechara ata o próximo ano: guadalupe-varias-516 guadalupe-varias-517 guadalupe-varias-518 guadalupe-varias-519 guadalupe-varias-522 guadalupe-varias-525 guadalupe-varias-526 guadalupe-varias-527 guadalupe-varias-528 guadalupe-varias-531 guadalupe-varias-535 guadalupe-varias-539 guadalupe-varias-541 guadalupe-varias-544 guadalupe-varias-545

Algún acabou tan canso que en lugar de zapatillas semellaba que levaba zapatos de tacón e decidiu ir descalzo ata a casa 🙂guadalupe-varias-546

Unha resposta a “Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o último día”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Todas as fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2016 | Fotos de Rianxo - 09/20/2016

    […] ← Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o último día […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: