Tag Archives: festas da Guadalupe 2017

Todas as fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2017

22 Set

Fotos da Guadalupe 2017: o feirón mariñeiro pola tarde

15 Set

[Álbum do feirón mariñeiro pola mañá].

Seguir lendo

Fotos da Guadalupe 2017: o feirón mariñeiro pola mañá

14 Set

A pesar da previsión de chuvia pola mañá, o día do feirón mariñeiro espertou cun sol marabilloso que fixo que os rianxeiros puideran desfrutar dunha gran xornada na rúa.

[Álbum do feirón mariñeiro pola tarde].

Seguir lendo

Fotos e vídeo da Guadalupe 2017: o día de Padrón

13 Set

No día de onte tivo lugar dentro das festas da Guadalupe o Día de Padrón. O recibimento ás autoridades do concello de Rosalía de Castro estivo condicionado pola nubes, aínda que ao final a chuvia non fixo acto de presenza.

Seguir lendo

Fotos da Guadalupe 2017: os xogos das Juadalupeñas pola tarde

12 Set

O día das Juadalupeñas seguiu pola tarde na Martela. Os xogos desta vez foron cousa do programa “O porquiño polo que vale”, da canle Telemiño, que chegou a Rianxo para repartir xamóns co noso veciño Duarte Galbán.

[Álbum de fotos cos xogos das Juadalupeñas pola mañá].

Seguir lendo

Fotos e vídeos da Guadalupe 2017: os xogos das Juadalupeñas

11 Set

Despois da lixeira chuvia que tivemos o domingo de noite, o luns das Juadalupeñas amenceu con moito sol e calor. O tempo ideal para participar nos xogos juadalupeños e gañar un xamón

Seguir lendo

Fotos e vídeos da Guadalupe 2017: procesión marítima

10 Set

Un ano máis o domingo foi o día grande das festas da Guadalupe. O momento no que a Moreniña saíu de procesión dende a capela que ten no Campo de Arriba para percorrer en barco parte da ría de Arousa e volver precisamente a Rianxo, a localidade na que tanta devoción lle teñen os seus veciños.

Seguir lendo

Festas da Guadalupe 2017: o pregón de Eva Iglesias

9 Set

Nervios, risas, momentos emotivos, música e moita simpatía. O pregón co que Eva Iglesias daba comezo oficialmente as festas da Guadalupe 2017 tivo de todo. E, dende logo, deixou o listón moi alto para as próximas edicións desta celebración.

Seguir lendo

Fotos da Guadalupe 2017: o chupitaso

9 Set

Un ano máis as festas da Guadalupe comezaron co tradicional chupitaso, onde as peñas, os disfraces e as ganas de pasalo ben reinaron.
Seguir lendo

Eva Iglesias: “Dar o pregón da Guadalupe supón o broche a un ano redondo”

7 Set

Este sábado, 9 de setembro, ás 14.00 horas, a nosa veciña Eva Iglesias será a encargada de inaugurar oficialmente as festas da Guadalupe. Farao lendo un pregón polo que di sentir unha gran “responsabilidade porque vai estar todo o concello pendente”. Así e todo, está “moi contenta e desexando que chegue ese día”.

Seguir lendo