Festas da Guadalupe 2017: o pregón de Eva Iglesias

9 Set

Nervios, risas, momentos emotivos, música e moita simpatía. O pregón co que Eva Iglesias daba comezo oficialmente as festas da Guadalupe 2017 tivo de todo. E, dende logo, deixou o listón moi alto para as próximas edicións desta celebración.

Polo de pronto, as raiolas de sol encargáronse de que todo fora perfecto durante o discurso dunha das nosas veciñas máis coñecidas.

E a iso das 14.00 horas, os centos de rianxeiros que estaban paseando ou tomando algo nas terrazas da vila, levantáronse para desfrutar co pregón de Eva Iglesias.

A aqueles visitantes doutras localidades, Eva presentouse como “aque pinta a mona todas as semanas na televisión. E para os que sodes de Rianxo, son Eva, a filla do Pitillo, de alí da Carballeira. Non hai máis”.

Asegurou estar moi contentar de dar o pregón. Non só porque presume de Rianxo e de ser rianxeira alí onde vai, senón tamén porque “a miña vida de artista comezou aquí, nunha Guadalupe”. Lembrou como “a primeira vez que subín a cantar a un palco foi aquí, nunhas festas”. As súas festas. Tan contenta estaba, que non quixo vir soa, senón que foi acompañada co espírito de Concha.

Nada máis coller o bolso que a caracteriza este personaxe que podemos ver todos os xoves no Land Rober, Concha posuíu o corpo de Eva e comezou a falar no seu nome, co que as risas foron unha constante. Comezou por confesarlles a todos que á presentadora, actriz e cantante lle tremían as canillas momentos antes de comezar o pregón. Iso si, Concha dixo que se estivese no lugar de Eva iría dando as grazas un por un a todos os veciños de Rianxo, comezando por orde “analfabético” pola parroquia de Asados.

O momento máis emotivo chegou cando Eva quixo lanzar un saúdo “moi especial a unha persoa que sempre confiou en min e sempre me apoiou dende pequena”. As palabras semellaba que lle custaban e incluso tivo que parar un segundo para falar sen que as bágoas asomasen. Esa persoa era Moncho o Xixí, ao que lle deu as grazas “por moitas cousas que ti e máis eu sabemos”.

Ao final do pregón mesmo se puido ver a complicidade entre os dous, facendo bo iso de que hai bágoas de felicidade e de que da emoción ao sorriso só hai un paso.

A todo iso. Que falamos da emoción, das risas e dos nervios. Pero non da música. Porque o certo é que Eva é unha gran cantante. E non podía rematar o seu discurso sen corear o segundo himno de Galicia, a Rianxeira. Velaquí ese gran momento:

E como contar un pregón non ten moito mérito, o mellor é que o desfrutedes. Velaquí o vídeo dese momento:

Vídeo de Chechu López:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: