Fotos e vídeo da Guadalupe 2017: o día de Padrón

13 Set

No día de onte tivo lugar dentro das festas da Guadalupe o Día de Padrón. O recibimento ás autoridades do concello de Rosalía de Castro estivo condicionado pola nubes, aínda que ao final a chuvia non fixo acto de presenza.

A cita puntual. Ás 18.30 horas aparecía a comitivia padronesa na praza de Castelao. Á esquerda podemos ver a Anxo Angueira, escritor e presidente da Fundación Rosalía. E de terceiro dende a esquerda o alcalde de Padrón, o popular Antonio Fernández.

Esperando diante do Concello as autoridades rianxeiras. E momento para cambiar o bastón de mando.

Dende o Campo, paseo a todo meter ata a praza de Padrón, onde as autoridades realizaron unha ofrenda ao busto da poetisa Rosalía de Castro.

Sen tempo que perder (a chuvia podía aparecer dun momento a outro), tomouse rumbo á outra punta dos xardíns da Ribeira, ata o busto de Castelao.

E alí, de novo, ofrenda ao rianxeiro coa correspondente coroa de loureiro.

Pero a carreira polas rúas aínda non rematara. O punto final era o de inicio: o Campo.

Tras unha recepción no salón de plenos, as autoridades saíron ao balcón do Concello, dende onde escoitaron temas tanto da banda de música de Padrón como da de Rianxo.

Non faltou a Rianxeira, o himno galego ou pezas como “Os tres galeguiños”.

Vídeo resumo:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: