No día de onte tivo lugar dentro das festas da Guadalupe o Día de Padrón. O recibimento ás autoridades do concello de Rosalía de Castro estivo condicionado pola nubes, aínda que ao final a chuvia non fixo acto de presenza.
Tag Archives: festa da Guadalupe
Descansa en paz, Popoio
4 XanHai uns días, entereime de que morreu en Rianxo o Popoio. De seguro que moitos sabedes quen é, porque é un dos rostros inconfundibles da vila que asociamos sen dúbida ás festas da Guadalupe. Era unha desas persoas que sempre vías de bo humor e que lembras bailando diante da orquestra ou pasándoo ben neses días de setembro nos que o municipio se transforma e nos sentimos as persoas máis felices do mundo durante oito días.