Descansa en paz, Popoio

4 Xan

Hai uns días, entereime de que morreu en Rianxo o Popoio. De seguro que moitos sabedes quen é, porque é un dos rostros inconfundibles da vila que asociamos sen dúbida ás festas da Guadalupe. Era unha desas persoas que sempre vías de bo humor e que lembras bailando diante da orquestra ou pasándoo ben neses días de setembro nos que o municipio se transforma e nos sentimos as persoas máis felices do mundo durante oito días.

popoio1

Este ano tamén o vin, pero notábaselle apagado. Foi durante a festa da escuma. Mentres un feixe de nenos e non tan nenos se mollaban na praza e se cubrían de escuma branca, e o resto mirábamos, el permanecía sentado nun banco do Campo de Arriba, coa mirada algo perdida. Comentáranme que estivera bastante mal e que incluso o tiveran que operar. Non sei se era certo ou non, pero si sei que semellaba distinto.

Tamén me dixeron, que non sei se é certo ou non, que era un mariñeiro. Supoño que outro home deses curtidos de Rianxo, que se sabe enfrontar ao frío, á chuvia, ao sal e ás olas do mar, deses que lles gusta ir de chiquitos polos bares cando chegan á terra e que tamén sabe divertirse cando toca.

popoio2 popoio3

Para moitos, a imaxe que quedará en nós do Papoio non será a dese home apagado que estaba sentado no Campo de Arriba nas festas do 2013, nin a dun mariñeiro que se gañaba a vida coma moitos outros, senón a dese festeiro ao que sacaban en procesión no Día das Juadalupeñas. Un día no que de seguro se sentía o home máis feliz de Rianxo, que é como dicir do mundo enteiro. Descanza en paz, Papoio.

Fonte da imaxe: Son de Rianxo

E ti, como recordas o Popoio? Hai algún momento que lembres del ou sabes algunha anécdota? Compártea aquí.

Advertisement

Unha resposta a “Descansa en paz, Popoio”

  1. Félix 01/05/2014 ás 20:02 #

    Sempre transmitía ledicia a aqueles que tiña preto. Recordo e recordarei a súa risa contaxiosa así como a musiquiña de “Vouche dar un tantarantán” na súa boca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: