Fotos da Guadalupe 2017: o chupitaso

9 Set

Un ano máis as festas da Guadalupe comezaron co tradicional chupitaso, onde as peñas, os disfraces e as ganas de pasalo ben reinaron.

As novas xeracións xa preparándose para dentro duns anos. As tendas da vila esgotaron as existencias de pistolas de auga, que tamén se cargaron con outros líquidos.

E de novo os carriños de supermercado foron o transporte oficial na praza. En ocasións para levar bebida pero tamén para mover os amigos.

A diferenza doutros anos desta vez daba a sensación de que había menos xente ca outros anos. A razón? Pois que había un oco bastante considerable entre os festeiros e o concello. Non obstante, a diferenza tamén doutros anos, había xente repartida por toda a praza. Vese que hai veciños que prefiren non estar en primeira fila cando dan as 12 da noite.

De novo a explosión de gritos, saltos, bebidas e risas acaparou o inicio das festas. Hai que ir pensando en cambiar iso do chupitaso pola festa da molleira, porque non se libra ninguén 🙂

Ademais, foi curioso como este ano se viron moitas fundas de móbiles estancas no peito de moitos rianxeiros. Vese que imos aprendendo da experiencia, sabemos que ninguén vai escapar do viño ou da auga, pero o smartphone non pode sufrir.

E aquí tedes o vídeo dese momento:

 

Os peña dos Trompas incluso fixo da praza un improvisado patio de escola e xogaron á corda.

Advertisement

2 Respostas a “Fotos da Guadalupe 2017: o chupitaso”

  1. Sara Mato Garcia 09/09/2017 ás 16:58 #

    Non subiches algunha das fotos da nosa peña camiseta azul “borracherón competisión” xa non vas subir mais nada? Si ma poideras enviar ao meu correo…
    Gracias!

    • fotosderianxo 09/12/2017 ás 11:20 #

      Ola, Sara.

      As que subín son as que teño. Entendo que tivo que ser outra persoa a que vos fixo as fotos, porque non teño da vosa peña 😦

      Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: