Un ano máis, graciñas á Comisión de Juadalupeñas que tanto o curra durante todo o ano. Non só polo Rock in Rian, senón tamén para desfrutar dun Día das Peñas no que non falta de nada.
Fotos da Guadalupe 2017: os xogos das Juadalupeñas pola tarde
12 SetO día das Juadalupeñas seguiu pola tarde na Martela. Os xogos desta vez foron cousa do programa “O porquiño polo que vale”, da canle Telemiño, que chegou a Rianxo para repartir xamóns co noso veciño Duarte Galbán.
Fotos e vídeos da Guadalupe 2017: os xogos das Juadalupeñas
11 SetDespois da lixeira chuvia que tivemos o domingo de noite, o luns das Juadalupeñas amenceu con moito sol e calor. O tempo ideal para participar nos xogos juadalupeños e gañar un xamón
Fotos das Festas da Guadalupe 2011: o día das Juadalupeñas
16 SetUn dos días nos que máis rimos é o das Juadalupeñas, coas súas probas imposibles e os seus momentos delirantes. Iso si, desta vez non se apuntaron moitas peñas ás probas e cada vez semella que custa máis levantarse a certas horas 🙂
Se saes nalgunha destas fotos e a queres en maior tamaño ou ben prefires que a retire do blog, escríbeme a oscar.reboiras@gmail.com
Velaquí algún dos membros das Comisión de Juadalupeñas mans á obra:
Para comezar a cousa, o primeiro sempre é a xinca ou proba de relevos. Coa súa carreira enriba destas grandes bólas:
E tamén o relevo en carretilla. Aínda que algúns teñen sistemas completamente novidosos:
A xincana remata cun relevo no que os participantes teñen que levar un ovo enriba dunha culler que sosteñen coa boca. As présas ás veces son moi malas…
E que dicir da carreira de contedores?? Mellor ca unha de Fórmula1:
Como se pode ler no contedor, hai que ter moito valor para enfrontarse a esta proba porque un pode acabar mal parado:
Coma estes dous rapaces, que acabaron no chan tras unha freada un tanto no límite:
E este é o momento previo a un forte golpe que sufríu un dos membros da Comisión de Juadalupeñas. De feito tivo que irse polo moito que lle doía:
Outra das probas estrelas é o escachamento de ovos en cachola allea. Se ao veciño lle rebentas un ovo cru segues aínda. Pero se o ovo está cocido quedas eliminado:
E por último, unha serie de fotos da competición da corda, na que se demostraba quen era o máis forte:
A que non sabedes cal foi o obxecto estrela destas festas? Pois si, as gafas con patillas de cores: