Tag Archives: Virxe da Guadalupe

Fotos para a nostalxia: a praia de Tanxil

12 Abr

Velaquí unha serie de fotos cedidas por Manuel Franco na que podemos apreciar, non hai tantos anos, como era antes a praia de Tanxil, co antigo dique e coa virxe da Guadalupe esculpida por Asorey viaxiando: 01.- A VIRXEN DE GUADALUPE 02.- DSCN0657 08.- DSCN0980 10.-

Fotos das Festas da Guadalupe 2011: a procesión

16 Set

Teño que confesar que o domingo pola mañá, vendo o mal tempo que facía, non pensei que houbera procesión. É máis, a miña moza mesmo me comentaba que seguramente a misa se fixera na igrexa e non na capela, como acontecera anos atrás. Pero non, a misa foi no lugar de sempre e a procesión saíu á hora prevista. Un día despois comentáronme que durante a mesma houbo unha estampida da banda de música de Catoira, que notou dúas gotas e marchou. A verdade é que me parece pouco profesional pola súa parte tendo en conta que se en Rianxo sacan o máis prezado para moitos, a Virxe, eles terían que acompañala tamén.

O caso é que como vedes, en lugar de sol, ese domingo había moitos paraugas.

Iso si, cada vez imos máis modernizados ás procesións e nin faltan as zapatillas de Nike 😀

A diferenza da banda de música de Catoira, os da banda de gaitas Buxaina de Taragoña si que estiveron en todo momento acompañando á Virxe.

Se saes nalgunha destas fotos e che gustaría tela en grande ou ben queres que a retire do blog, escríbeme a oscar.reboiras@gmail.com

Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: a procesión da Virxe

23 Set

Xa me van quedando menos fotos para colgar no blog 😉

Hoxe póñovos aquí as da procesión da Virxe da Guadalupe, celebrada o pasado 13 de setembro. Lamentablemente, como non teño ningún coñecido por barco, a procesión marítima vina de lonxe 😦

procesion1

procesion2

procesion3

procesion4

procesion5

procesion6

procesion7

procesion8

procesion9

procesion10