Teño que confesar que o domingo pola mañá, vendo o mal tempo que facía, non pensei que houbera procesión. É máis, a miña moza mesmo me comentaba que seguramente a misa se fixera na igrexa e non na capela, como acontecera anos atrás. Pero non, a misa foi no lugar de sempre e a procesión saíu á hora prevista. Un día despois comentáronme que durante a mesma houbo unha estampida da banda de música de Catoira, que notou dúas gotas e marchou. A verdade é que me parece pouco profesional pola súa parte tendo en conta que se en Rianxo sacan o máis prezado para moitos, a Virxe, eles terían que acompañala tamén.
O caso é que como vedes, en lugar de sol, ese domingo había moitos paraugas.
Iso si, cada vez imos máis modernizados ás procesións e nin faltan as zapatillas de Nike 😀
A diferenza da banda de música de Catoira, os da banda de gaitas Buxaina de Taragoña si que estiveron en todo momento acompañando á Virxe.
Se saes nalgunha destas fotos e che gustaría tela en grande ou ben queres que a retire do blog, escríbeme a oscar.reboiras@gmail.com
Co teu permiso colloche algunhas para subilas ao Tuenti indicando a procedencia. Grazas
Si, sen problema. E se queres algunha en maior calidade escríbeme ao correo que teño indicado xusto debaixo da última foto.