Onte tivo lugar a procesión da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros e, polo tanto, alguén á quen en Rianxo se rende respecto por toda a xente que traballa no mar. Non puidemos estar no acto, pero recollemos imaxes de Antena 3 Noticias en Galicia.
Fotos das Festas da Guadalupe 2014: a misa do domingo e primeira parte da procesión
16 SetO domingo tivo lugar un dos actos máis importantes da Guadalupe: a misa no Campo de Arriba, que este ano contou co arcebispo de Santiago, Julián Barrio, ao tempo que co arcebispo de Tánxer, Santiago Agrelo. Ademais, unhas 200 persoas doutros sitios de España, que viñan polo V Encontro de Santuarios, confrarías e Irmandades de NS de Guadalupe formaron parte do acto.
Que facía o cura de Rianxo durante a procesión do Corpus?
17 XuñRealmente tampouco é que don Fernando, o cura de Rianxo, fixera unha cousa doutro mundo. Pero o que si choca é quen o fai e en que situación.
Sempre se comenta que os máis novos están pendentes do seu “mancontro”, que non fan máis ca whatsappear, estar no twitter ou estar hipnotizados por esa pequena pantalla chamada móbil no momento menos oportuno, como na hora da comida en familia ou ben no instituto, durante as clases.
Pero visto o visto, a dependencia do móbil afecta a todo o mundo. E aquí temos a demostración gráfica disto: o cura de Rianxo, en plena procesión do Corpus Christi 2013, falando polo móbil. Non sabemos con quen falaría nin se o tema era importante ou non, pero o certo é que se trata dunha imaxe máis ca curiosa e por iso a queríamos compartir con todos vós.
Cremos que polo de agora non ten whatsapp nin facebook, pero todo se andará 🙂
Fotos das Festas da Guadalupe 2011: a procesión
16 SetTeño que confesar que o domingo pola mañá, vendo o mal tempo que facía, non pensei que houbera procesión. É máis, a miña moza mesmo me comentaba que seguramente a misa se fixera na igrexa e non na capela, como acontecera anos atrás. Pero non, a misa foi no lugar de sempre e a procesión saíu á hora prevista. Un día despois comentáronme que durante a mesma houbo unha estampida da banda de música de Catoira, que notou dúas gotas e marchou. A verdade é que me parece pouco profesional pola súa parte tendo en conta que se en Rianxo sacan o máis prezado para moitos, a Virxe, eles terían que acompañala tamén.
O caso é que como vedes, en lugar de sol, ese domingo había moitos paraugas.
Iso si, cada vez imos máis modernizados ás procesións e nin faltan as zapatillas de Nike 😀
A diferenza da banda de música de Catoira, os da banda de gaitas Buxaina de Taragoña si que estiveron en todo momento acompañando á Virxe.
Se saes nalgunha destas fotos e che gustaría tela en grande ou ben queres que a retire do blog, escríbeme a oscar.reboiras@gmail.com