Tag Archives: don Fernando

O novo cura de Rianxo

8 Xuñ

Dende hai bastantes semanas, unha das noticias que ronda polas cabezas dos rianxeiros é quen vai ser o novo párroco. Como sabedes, o sacerdote Fernando Palleiro leva moitos anos oficiando misa e distintas cerimonias relixiosas na igrexa de Santa Columba, polo que é normal que haxa curiosidade en saber quen vai ser o novo sacerdote.

Seguir lendo

Advertisements

Que facía o cura de Rianxo durante a procesión do Corpus?

17 Xuñ

Realmente tampouco é que don Fernando, o cura de Rianxo, fixera unha cousa doutro mundo. Pero o que si choca é quen o fai e en que situación.

Sempre se comenta que os máis novos están pendentes do seu “mancontro”, que non fan máis ca whatsappear, estar no twitter ou estar hipnotizados por esa pequena pantalla chamada móbil no momento menos oportuno, como na hora da comida en familia ou ben no instituto, durante as clases.

Pero visto o visto, a dependencia do móbil afecta a todo o mundo. E aquí temos a demostración gráfica disto: o cura de Rianxo, en plena procesión do Corpus Christi 2013, falando polo móbil. Non sabemos con quen falaría nin se o tema era importante ou non, pero o certo é que se trata dunha imaxe máis ca curiosa e por iso a queríamos compartir con todos vós.

Cremos que polo de agora non ten whatsapp nin facebook, pero todo se andará 🙂

cura_mobil