O novo cura de Rianxo

8 Xuñ

Dende hai bastantes semanas, unha das noticias que ronda polas cabezas dos rianxeiros é quen vai ser o novo párroco. Como sabedes, o sacerdote Fernando Palleiro leva moitos anos oficiando misa e distintas cerimonias relixiosas na igrexa de Santa Columba, polo que é normal que haxa curiosidade en saber quen vai ser o novo sacerdote.

Pois xa está confirmado que o novo párroco de Rianxo será alguén moi coñecido, xa que a día de hoxe tamén é o cura de Isorna. Ademais, a moitos de nós tamén nos deu clases de relixión no Instituto Félix Muriel de Rianxo. Pero leva moitos anos tamén sendo cura nas parroquias de Bealo e de Cespón. O seu nome é Francisco Pena Calvar, aínda que case todo o mundo o coñece como don Paco.

Que vaia ser o cura de Rianxo non significa que deixe de selo no resto de parroquias. Cada vez hai menos sacerdotes, así que é normal que oficien en distintas igrexas. Ademais, como curiosade, trátase do cura máis novo dos que hai na zona. Ademais, don Fernando seguirá a oficiar misa, axudando a don Paco.

Imaxe de La Vo de Galicia

Como podemos ler nunha entrevista que lle fixeron Samuel Iglesias Rodríguez e David Lobato Rey en gorinho.gl, don Paco estudou nos seminarios de de Santiago, no Menor de Belvís (no que entrou con 10 anos) e en San Martín Pinario (no que entrou con 17 anos). Finalizado o seminario, comezou a traballar de diácono en Forcarei.

Explica tamén que “antes se concibía ao cura como o señor da parroquia”, pero que o seu labor é “pastoral, celebrar os sacramentos e curar os enfermos”. Ademais, o “sacerdocio é un sacramento que imprime carácter, pódenme quitar o cargo, pero non botarme”.

Como curiosidade, incluso coenta que tivo algún sacristán que lle bebía o viña, “había un ao que llo tiña que esconder”.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: