O último día é o máis agardado por moitos e tamén o máis odiado para tantos outros, xa que vén un montón de xente de fóra, case non se pode camiñar pola praza e hai moito botellón. É o último día das festas, nas que se nos sentimos orgullos cantando A Rianxeira e ao tempo que se acenden miles de bengalas entre tres grandes palcos de orquestras, no noso coranzonciño tamén se ilumina algo. Para ben e para mal as festas de Rianxo son grandes festas, por is non deixan indiferente a ninguén.
Dende primeira hora xa había moita xente, aínda que repartida entre diferentes sitios.
Pero ás 2 da mañá todo o mundo quería ter un sitio na praza de Castelao para vivir ese momento emotivo e máxico de cantar A Rianxeira xunto a miles de voces.
Deixo aquí un vídeo que gravou a miña compañeira de traballo Carolina, que era primeira vez que viña ata a Rianxo e que prometeu repetir:
A festa seguía avanzando, pero a praza seguía chea de vida e de marcha. Velaquí unha imaxe ás 4.30 da madrugada:
E aquí uns mozos ás 5:30 da mañá querendo bailar nun sitio pouco convencional. Por sorte non lles pasou nada:
Este amigo de aquí veu celebrar a Rianxo a súa despedida de solteiro. Xunto a un grupo de amigos chegaron dende O Porriño e andada vestido desta guisa pola festa:
Este quixo que lle quitara unha foto. Ao preguntarlle de que era culpable díxome que “De ser como son”:
Calquera cousa era boa para divertirse. Podo imaxinar de onde saíu esta folla de palmeira que facía de guitarra eléctrica:
7:39 da madrugada e aínda quedaban enerxías:
Esta imaxe é das 8:15, cando xa remataron as orquestras e algúns aínda non tiñan claro que facer:
Loxicamente había sono e cansancio:
Un dos temas que máis preocupa nas festas é o do botellón. Durante as primeiras horas da festa na praza non se veu demasiado (durante o resto da noite foi máis que evidente), porque os mozos se concentraban en lugares como o parque próximo ao auditorio:
Pero, como digo, durante a noite na praza e no Campo de Arriba xa se vían botellas e máis botellas:
Ata o entorno da igrexa era un bo sitio para beber:
Para rematar, quixera falar do festival de música electrónica Ría Music, que se celebrou ao lado do auditorio nunha carpa enorme. Sinceramente, eu pensei que sería un fracaso, xa que había que pagar entrada: 8€ a anticipada e 12€ o mesmo día. Sendo de Rianxo pensei que ninguén pagaría por ir a algo así tendo festa no campo, pero está claro que a xente de fóra si que respondeu. De feito, dixéronme que había un DJ moi coñecido (Pepo), que move a moita xuventude:
Deixar unha resposta