Festas da Guadalupe 2013: o chupitaso

14 Set

Neste 2013 tivemos un pregoeiro de excepción: o actor e monologuista Carlos Blanco. Nada máis comezar xa dixo que lle comentaran que o ía ter complicado, que era difícil iso de dar o pregón en Rianxo. Así e todo, comentou que como “o currara”, pois que o ía ler.

chupitaso01

 

Primeiro tirou de sorna, para dicir que os de fóra non saben dicir Rianxo, que din Riancho. E por moito que insistamos, seguen co Riancho na boca. “Pois se sabes dicir Shakira tamén sabes dicir Rianxo, ou que!”, concluíu.

Seguiu fiando fino ao lembrar o que lle pasou este verán a un rianxeiro que “atracou” o seu iate perfectamente enriba dunha batea, ao volver do Albariño para evitar o control da Garda Civil. E continuou coa actualidade do concello comentando que no seu facebook lle pediran que tiña que volver o pavo real á rotonda de entrada a Rianxo, que a pedra que hai agora non gusta. E ata tivo tempo de dicirlle ao Xixí (ao cal non debía coñecer), nun momento no que saíu ao balcón a mirar como ía a cousa, “desculpe señor, non sei se molesto. Se molesto dígamo, que marcho” 🙂

chupitaso02

Non obstante, quedamos sen saber que ía contar nas tres cuartas partes do pregón restante, xa que Carlos Blanco, ante tanto balbordo, decidiu acurtar o pregón. Para min foi unha mágoa, porque creo que foi unha honra telo no balcón do Concello, arrancou moi ben o seu pregón e de seguro que tiña varios ases máis na manga escondidos. Pero unha parte da mocidade o primeiro día das festas non vai para escoitar a ninguén, senón para mollarse de viño e beber, polo que os que si fomos a escoitar o pregón nos quedamos con ganas de máis.

chupitaso04

Iso si, Carlos Blanco, no momento de dar o nomes das peñas, tamén puido comprobar que a pesar do ruído de fondo, había moita xente a escoitalo. Unha vez rematada a listaxe das Juadalupeñas, pediu que a xente o acompañase cantando a canción do Pájaro Pinto, algo que a min, particularmente, me emocionou. Para rematar, falou dos incendiarios, aos que lles desexou as peores das maldicións, ao tempo que lles desexaba as mellores da bendicións aos rianxeiros que están de festa.

chupitaso03

Despois de Carlos Blanco colleu o micrófono o alcalde, Adolfo Muíños, para condenar tamén os incendios e solidarizarse con aqueles sitios que os están a sufrir, como Carnota, Negreira e moitos outros concellos. Unha peña aproveitou o momento para gritar a todo peito “Que volva o pavo, que volva o pavo!”, ante o sorriso do propio Adolfo. Xa vedes que o do pavo tivo a súa historia. Mesmo unha peña ten unha camiseta na que se ve o pavo e se pode ler algo así como “non está na rotonda, que se veu de ronda”.

O último en falar no balcón foi o presidente da comisión de festas, o Xixí, para agradecer o apoio de todo o mundo e seguir tendo unhas grandes festas. Explicou que para el a rianxeira “é a mellor mocidade de todo o Barbanza”. Comezouse a cantar “que bote o Xixí, que bote o Xixí”, ao que el mesmo respondeu cun “que bote Rianxo, que bote Rianxo”.

chupitaso05

Pouco máis quedaba de antesala ás festas, xa que aos poucos segundos tiña lugar o chupitaso e a praza de Rianxo, se cabe aínda máis, cheiraba viño que daba gusto. Comezaba a festa, con dous DJs sobre o escenario, moita xente con ganas de pasalo ben, como se podía ver no vestiario de moitos rianxeiros, que onte comezamos a mellor semana do ano.

chupitaso02

chupitaso06

chupitaso07

chupitaso091

chupitaso9

chupitaso09

chupitaso08

chupitaso91

chupitaso092

A orixinalidade dos disfraces volveu a sorprender a todos:

chupitaso92

E como a noite era bastante calorosa, había quen non necesitaba nin taparse:

chupitaso93

Había incluso rianxeiras de incógnito desfrutando da festa:

chupitaso97

chupitaso96

chupitaso95

chupitaso94

chupitaso98

Síntoo, a foto non vai ser portada de La Voz de Galicia, pero aquí tamén a ve xente:

chupitaso99

Houbo quen incluso trouxo a sulfatadora da casa, por se había escarabellos que fumigar:

chupitaso991

Román, se a súa chaqueta de leopardo, pero cun complemento moi adecuado no pelo:

chupitaso992

O viño non faltou, e ata se puideron ver cubetas de aceiro inoxidable:

chupitaso997

Os do Mercadona, Día e Eroski tiveron que notar unha baixada de carriños da compra por forza:

chupitaso996

chupitaso995

chupitaso993

Advertisement

Unha resposta a “Festas da Guadalupe 2013: o chupitaso”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Datos de fotosderianxo.com no 2013 | Fotos de Rianxo - 01/01/2014

    […] 1.554 visitas 6. Vandalismo: queiman a ponte de madeira sobre o río Te: 1.512 visitas 7. O Chupitaso: 1.470 visitas 8. Resumo das festas da Guadalupe 2013: 1.274 visitas 9. Que facía o cura de Rianxo […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: