Compartimos con vós a chegada á praza da Igrexa de Rianxo, dos noivos. Primeiramente vemos a Roberto, o mozo de Eva Iglesias, que chega entre aplausos dos veciños.
O Sal da Terra, a serie da TVG que ten lugar en Rianxo
9 FebOnte comezou na Televisión de Galicia “O Sal da Terra”, un programa que ten lugar en Rianxo.
Non é o típico formato de televisión, xa que é unha mestura entre serie de ficción, reportaxes e receitas cociña, pero a verdade é que está simpático. A idea xira arredor de Carmela, unha muller que se viu a vivir a Rianxo. Alí múdase tamén o seu fillo Berto despois de quedar sen traballo e sen moza.
Carmela podemos ver como visita o mercado de Rianxo, como vai mercar ao posto da Montañesa e tamén como visita diferentes postos no mercadillo na praza da Guadalupe. Ademais, tamén vai coñecer o Museo do Mar, onde lle explican a arte tradicional do xeito, coa que se pescan as xoubas.
Como curiosidade, indicar tamén que colaboraron varios compoñentes do grupo de Teatro Airiños. En concreto Raquel, Xián, Ramona e Saro.
A romaría de San Pedro de Vilas, escenificada no Luar da TVG
31 MaiO pasado 27 de maio, moitos veciños do concello estiveron no plató do Luar da TVG. Alí representaron a romaría do San Pedro de Vilas, cantaron e bailaron. Velaquí ese marabilloso momento. Estivo a xente de Vai de Roda, a agrupación Río de Anxo e a xente de Airiños.