Tag Archives: serie

O Sal da Terra, a serie da TVG que ten lugar en Rianxo

9 Feb

saldaterra

Onte comezou na Televisión de Galicia “O Sal da Terra”, un programa que ten lugar en Rianxo.

Non é o típico formato de televisión, xa que é unha mestura entre serie de ficción, reportaxes e receitas cociña, pero a verdade é que está simpático. A idea xira arredor de Carmela, unha muller que se viu a vivir a Rianxo. Alí múdase tamén o seu fillo Berto despois de quedar sen traballo e sen moza.

Carmela podemos ver como visita o mercado de Rianxo, como vai mercar ao posto da Montañesa e tamén como visita diferentes postos no mercadillo na praza da Guadalupe. Ademais, tamén vai coñecer o Museo do Mar, onde lle explican a arte tradicional do xeito, coa que se pescan as xoubas.

Como curiosidade, indicar tamén que colaboraron varios compoñentes do grupo de Teatro Airiños. En concreto Raquel, Xián, Ramona e Saro.