Fin de semana cargadiña de actividades grazas a Vai de Roda, quen organiza ata o domingo os Encontros de Folclore do venres 4 ao domingo 6.
Novo curso en Vai de Roda
27 SetVai de Roda comeza o novo curso. Podes apuntarte a clases de acordeón e gaita, pandeireta e canto, percusión e gaita e tamén baile.
A romaría de San Pedro de Vilas, escenificada no Luar da TVG
31 MaiO pasado 27 de maio, moitos veciños do concello estiveron no plató do Luar da TVG. Alí representaron a romaría do San Pedro de Vilas, cantaron e bailaron. Velaquí ese marabilloso momento. Estivo a xente de Vai de Roda, a agrupación Río de Anxo e a xente de Airiños.
Fotos do XI Serán de Rianxo
30 MaiEste pasado sábado, 28 de maio, tivo lugar o XI Serán de Rianxo, organizado pola asociación Vai de Roda. Hai que dicir que tiveron un mérito enorme, xa que ao mal tempo lle houbo que sumar que ese día foi a final da Champions. Non era fácil competir contra ese evento deportivo, pero xa vedes que houbo resposta e que a xente foi ata o Campo de Arriba a cantar, bailar e divertirse.
Valse “Rianxo”
9 FebA fin de semana pasada vímonos inmersos no enorme pracer de poder contribuír fotograficamente ó desenvolvemento da promoción do valse “Rianxo, capricho para piano” que se levou a cabo por varias partes do Concello.
Cursos de Vai de Roda para o 2014-15
8 OutVelaquí os cursos que imparte Vai de Roda. Para máis información, podedes contactar co teléfono 654412094 ou co correo vaiderodarianxo@gmail.com
Fotos do obradoiro de baile de Vai de Roda
7 SetO pasado sábado 30 de agosto, Vai de Roda organizou unha xornada de portas abertas no Campo de Abaixo. A clase foi impartida por Dani Pereiras. A actividade estaba enmarcada dentro do 10º aniversario da formación.
Inicio de curso en Vai de Roda
8 OutSe queres apuntarte a baile, gaita, acordeón ou pandeireta, agora podes facelo cos de Vai de Roda. As inscricións realizaranse no Pazo de Martelo os sábados pola tarde do mes de outubro, ben a través do seu blog www.vaideroda.org ou ben no correo vaiderodarianxo@gmail.com:
Fotos da Guadalupe 2013: danzas o domingo pola tarde
20 SetO domingo pola tarde, na praza de Rafael Dieste tivemos ocasión de ver actuar a Vai de Roda e a dous grupos convidados por este: Taranvainas (Vigo) e Rancho Folclórico de Rebordoes, Santo Tirso (Portugal). Velaquí algunhas fotiñas sacadas por Xoán Antón Castro durante o acto, do que desfrutaron centos de rianxeiros: