Valse “Rianxo”

9 Feb

10947188_910080685680196_5378967220931448946_n

A fin de semana pasada vímonos inmersos no enorme pracer de poder contribuír fotograficamente ó desenvolvemento da promoción do valse “Rianxo, capricho para piano” que se levou a cabo por varias partes do Concello.

A partitura orixinal era para piano, e a adaptación para frauta e guitarra fíxoa J. Luís do Pico Orjais. Foi gravada por Pepe Romero (frauta) e J. Luís do Pico (guitarra). Título orixinal: Rianxo. Subtítulo: Capricho para piano. Autor: L. Fernández. Pertence ao depósito de J. Ramón Nine Piñeiro, tío avó de José Nine Ces (depositante).

A música, para quen non tivo a ocasión de escoitala deixámovosla no seguinte enlace.

A idea, era congregara máxima xente posible o domingo pola tarde na praza de Rafael Dieste para bailar este valse e dalo a coñecer ó pobo de Rianxo. Pero todo isto ten un antes que deseguida vos imos amosar en fotos.

Todo comezou o sábado, na vivenda de José Luís Pico e Teresa Rodríguez, onde se procedeu á gravación e posterior entrevista con José Nine Ces, depositario da obra.

_MG_0529 _MG_0534 _MG_0547 _MG_0568

Despois de xantar fixéronse as primeiras probas de baile e ambientación no adro da igrexa, na rúa de Arriba e tamén no local de ensaio de Vai de Roda. Particparon vari@s rapazas e rapaces do grupo, acompañados por Dani, o seu profesor de baile.

_MG_0586 _MG_0588 _MG_0605 _MG_0636 _MG_0651

_MG_0683 _MG_0727 _MG_0742

Xa o domingo, de mañanciña, deu inicio a gravación por diferentes espazos de Rianxo, comezando nos arredores do Castro Barbudo, en Taragoña:

_MG_0777 _MG_0794 _MG_0807

Logo baixamos á vila para gravar na praza da Fonte:

_MG_0833 _MG_0854 _MG_0864Na Praciña:

_MG_0879 _MG_0909

No peirao:

_MG_0932 _MG_0949

Fronte a Picariños (petición popular dos nenos e nenas…):

_MG_0993 _MG_1020

No peirao de Setefogas:

_MG_1034 _MG_1061 _MG_1077

Na casa de Manoel Antonio:

_MG_1093 _MG_1116

Na de Rafael Dieste, e na de Castelao:
_MG_1123 _MG_1135

E na praza de Castelao:
_MG_1181 _MG_1216

Ás cinco, un medio cento de persoas reuníronse para escoitar o valse e arrimarse para escorrentar o frío do invernal día e pasalo o mellor posible bailando.

_MG_1242 _MG_1247 _MG_1275 _MG_1311

Deixamos tamén a foto das nenas e nenos de Vai de Roda acompañados por Dani quen, sen rechistar, aguantaron todo un día de axetreo e vaivéns a ritmo de valse:

_MG_1312

Por último, só queda dicir que todo este traballo de tanta xente terá un final, alá polo 28 de marzo, cunha gala no auditorio rianxeiro para amosar todo o traballo realizado.

Moitísimas grazas a tod@s @s que fan posible que poida recuperarse un este outro anaquiño da historia de Rianxo!

Advertisement

Unha resposta a “Valse “Rianxo””

Trackbacks/Pingbacks

  1. A Música de Rianxo na Belle Epoque | Fotos de Rianxo - 03/27/2015

    […] Velaquí a videomontaxe daquel día e tamén as fotos do evento. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: