O vindeiro sábado 28 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto histórico A Música de Rianxo na Belle Epoque.
O concerto está organizado pola Aula de Cultura Musical da Galiza da Uned Senior de Rianxo e contará cun programa no que se interpretarán pezas do Rianxo daquela época. Participarán a Asociación Vai de Roda, Helena de Alfonso, Aida Saco, Isabel Rei Samartim, Aula de Guitarra do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, Banda e Coral da Escola de Música de Rianxo, Tero Rodríguez, Xosé Ducan, José Nine e a Aula Uned Senior capitaneada polo seu mestre José Luís do Pico Orjais.
Lembrar que este concerto xa vén precedido dunha quedada feita en febreiro na que se bailou o “Vals Rianxo” por diferentes emprazamentos do concello de Rianxo e que rematou na praza de Rafael Dieste, na que participaron numeros@s veciñ@s do concello.
Velaquí a videomontaxe daquel día e tamén as fotos do evento.
Unha hora antes do concerto e ata o 19 de abril pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición “A Música de Rianxo na Belle Epoque”, organizada pola Aula de Cultura Musical da Uned Senior co asesoramento histórico de Xosé Comoxo e Xesús Santos e coa asesoría musical de Alejo Amoedo.
A apertura da exposición terá lugar o sábado 28 de marzo ás 19.30 horas.
Os xoves 9 e 16 de abril, ás 18.00 horas, realizaranse visitas guiadas.
Deixámos tamén o enlace ó vídeo que gravou en febreiro Tero Rodríguez e que resume fantasticamente o que desfrutamos aquel día:
Deixar unha resposta